Paralización das amortizacións de persoal na Rede Galega de Escolas Infantís A Galiña Azul e conservación da parella educativa como piar fundamental da Rede

El problema

A principios do mes de xullo o conxunto das persoas que formamos parte da comunidade educativa (educadoras, persoal de servizos xerais, alumnado e nais e pais) da Escola Infantil A Galiña Azul de Vilagarcía de Arousa fomos informados de que a partir do mes de setembro o noso centro perderá dúas prazas coas que viña contando dende a súa inauguración: unha educadora e unha PSX, ademais de suprimirse a praza de mestra que nunca se chegou a cubrir.

Esta decisión non afecta exclusivamente ao noso centro, senón que atinxe a un total de 35 escolas da Rede xa en funcionamento e a 14 de nova apertura no curso 2015-2016.

Esta nova situación fará que o servizo que lle viñan prestando aos nosos fillos e fillas se vexa deteriorado xa que se van ter que limitar moitas das actividades que desenvolvían ata o momento ao non contar con persoal suficiente para levalas a cabo. Tamén se vai dificultar a conciliación das familias: ao ter só unha persoa de referencia, e se esta causa baixa por calquera motivo, as crianzas poden ter que pasar a un novo período de adaptación improvisado e sen planificación posible por parte das familias.

Dende a ANPA O Año Pitaño queremos poñer en marcha esta petición para solicitarlle ao Consorcio Galego do Benestar o fin desta situación de desmantelamento da Rede e a garantía do seu mantemento baixo os parámetros nos que foi creada e cuxos eixos principais aínda podemos ler na propia páxina web do Consorcio Galego do Benestar: “A aposta pola calidade vertébrase arredor de dous elementos fundamentais: a redución da ratio de alumnos/as por educador/a e a formación continua. Para facer posible o primeiro, apóstase pola parella educativa”. Figura que desaparece despois das amortizacións plantexadas.

Por todo isto esiximos ao Consorcio Galego do Benestar que rectifique esta política de amortizacións na que está inmersa e que devolva á rede das Escolas Infantís de Galicia a calidade e identidade coa que foi creada. Non queremos volver a un sistema onde prime o concepto de garda e custodia que xa entendíamos superado.

Esta petición ha conseguido 3414 firmas

Los destinatarios de la petición

Consorcio Galego do Benestar
Consorcio Galego do Benestar
Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 23 de julio de 2015