Petition updateSALVAR LAS PINTURAS MURALES DE LABRADA de GUITIRIZ (LUGO)Mario César Vila Arqueólogo - Técnico en Patrimonio Cultural
luis Angel Rodriguez PatiñoLa Coruña, GA, Spain
Sep 1, 2014
Estimados AMIGOS: O motivo do presente correo é o de informar, coa fin de expoñer as causas do deterioro que están a sufrir a igrexa de Santa María de Labrada (Guitiriz-Lugo), así como o de propor unha serie de actuacións encamiñadas á corrección de ditas afeccións. A Igrexa de Santa María de Labrada está a experimentar unha afección progresiva nas súas pinturas murais -do século XV-, debido á filtración de humidades polo muro no que se dispoñen. Foron analizadas as orixes dos danos existentes, preparándose, en consecuencia, propostas encamiñadas á corrección das mesmas, que de non actuar de xeito urxente, poderían chegar a ser irreversibles. Así mesmo, establecéronse xuntanzas de coordinación, cos técnicos da Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Trátanse de bens patrimoniais catalogados, se ben débese destacar o valor das pinturas murais de Labrada, conferido tanto pola súa tipoloxía coma cronoloxía. Poñéndonos á vosa disposición, reciban un cordial saúdo. Mario César Vila Arqueólogo - Técnico en Patrimonio Cultural Rúa José Luís Puente Domínguez, Nº1 15702 – Santiago de Compostela (A Coruña) Tel. 981 938 825 - 650 337 454
Copy link
WhatsApp
Facebook
Nextdoor
Email
X