Petition updateSALVAR LAS PINTURAS MURALES DE LABRADA de GUITIRIZ (LUGO)di que os poderes públicos teñen a obrigación de preservar o patrimonio cul
luis Angel Rodriguez PatiñoLa Coruña, GA, Spain
Aug 23, 2014
EN GALICIA CONFIDENCIAL Lugo | 21/08/2014. O cura rebelde de Guitiriz simulará unha desfeita nos murais da igrexa para que se protexan Luís Rodríguez, párroco de Labrada, en Guitiriz, protestará deste xeito para que a Xunta actúe na conservación dos murais do templo. Xa criticou á alta xerarquía eclesiástica en asuntos como a economía e a homosexualidade. Luís Rodríguez, é o cura da parroquia de Labrada, en Guitiriz (Lugo) e está farto da situación de abandono na que se atopan as xoias patrimoniais que atesoura esta igrexa. Por iso, anunciou que simulará desfeitas nos murais da igrexa da parroquia se as administracións non invisten na preservación e conservación das súas pinturas. O plan de Rodríguez consiste en encargar a realización de traballos que simulen substituír as pinturas da igrexa pero que en realidade se coloquen encima dos muros lenzos ou táboas para que as imaxes non sufran danos. Pero antes de levar a cabo esta orixinal forma de chamar a atención, arrincou unha campaña de recollida de firmas para solicitar as reparacións e para pedir á Xunta de Galicia que declare as pinturas Ben de Interese Cultural, unha figura de protección que garantiría a súa conservación. Segundo os datos que manexa o párroco, a igrexa precisa reparacións por valor de 12.000 euros, sobre todo no teito. Na súa opinión, a instalación dun canlón, por exemplo, serviría para evitar que entre auga no edificio e que se estraguen as pinturas. Críticas a Patrimonio "Pero o problema é que non deixan que toques nada desde Patrimonio, e neste país estamos afeitos a que haxa que romper as cousas para que as administracións actúen", lamentou. Ademais, nas súas argumentacións apela á Constitución Española posto que "di que os poderes públicos teñen a obrigación de preservar o patrimonio cultural, sexa de quen sexa". Rodríguez xa protagonizou distintas polémicas polas súas críticas á alta xerarquía eclesiástica en asuntos como a economía e a homosexualidade
Copy link
WhatsApp
Facebook
Nextdoor
Email
X