Solicitamos unha quenda de tarde no servizo do Centro de Saúde de Novo Mesoiro

Esta petición ha conseguido 458 firmas

El problema

Dende a AVV de Novo Mesoiro levamos moitos anos solicitando a dirección do SERGAS, e no seu caso a  dirección da Xunta de Galicia – Consellería de Sanidade e Servicio Galego de Saúde, a creación dunha quenda completa  de tarde no Centro de Saúde de Novo Mesoiro, centro que  acolle a todos @s veciñ@s de Novo Mesoiro, Feáns, Mesoiro, Urbanización Breogán, POCOMACO e as Rañas.

Como ven saben, a tanto a dirección do SERGAS como da Xunta de Galicia, vivimos nuns barrios afastados do resto da cidade, onde calquera desprazamento  a outro centro de saúde supón a necesidade de movernos no coche, ou a rede pública de transporte urbano utilizando transbordo cando menos de 2 autobuses, xa que non temos posibilidade de acudir a outro centro de Saúde a pé, supoñendo un agravio fronte outr@s veciñ@s da cidade.

A falta dunha quenda pola tarde supón que moit@s veciñ@s decidan non trasladar a súa tarxeta ao centro de saúde do barrio por incompatibilidade horaria, e se a isto se lle suma que non hai unha matrona e so un pediatra, cunhas listas de espera as veces de máis de 7 días fai que os datos que manexa o SERGAS en solicitudes non sexan reais, e que a demanda sexa moito maior da que existe, polo que a excusa de falta de solicitudes que din  non se acorda coa realidade, a parte é o único centro de saúde da cidade que so ten unha quenda de traballo.

Se a isto sumamos que somos o barrio con mais nenos en idade escolar con mais de 1800 e cunha media de idade total que non sube dos 33 anos, NON PODEMOS ACEPTAR que so exista unha quenda no noso centro de saúde, con 3 médic@s ( que acostuman a cambiar a cotío), 3 enfermeiras ( 1 de pediatría) e 1 pediatra, para máis de 8000  posibles usuarios.

Por iso os asinantes solicitamos a XUNTA de GALICIA, e no seu caso, a CONSELLERÍA DE SANIDADE que:

A creación doutra quenda de tarde para o Centro de SAUDE de NOVO MESOIRO cun  equipo de medic@s, enfermeir@s, matronas e pediatr@ para atender @s veciñ@s do barrio.

avatar of the starter
AVV NOVO MESOIROCreador de la petición

Los destinatarios de la petición

Consellería de Sanidade Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade Xunta de Galicia

Actualizaciones de la petición

Compartir esta petición

Petición creada en 4 de mayo de 2016