Petition Closed
Petitioning Concello de Pontevedra, Cultura and 1 other

NON ó peche do Liceo Mutante, NON aplasten a cultura en Pontevedra


1,241
Supporters

O Liceo Mutante é unha asociación sen ánimo de lucro que encheu de cultura Pontevedra sen axuda institucional, poñendo a cidade de novo no mapa do panorama alternativo artístico e musical galego.

É inaceptable que queiran pechar este centro alonxado do centro sen recibir nin unha soa denuncia por ruido. É inaceptable que o BNG (partido que goberna Pontevedra) entre a formar parte de política PePera de acabar cos poucos movementos culturais de Galicia.

Non o permitiremos!!!

Eles mesmo explican o caso:

"No pasado mes de agosto, a Asociación Cultural Liceo Mutante de Pontevedra recibiu unha orde de cese de actividade musical por carecer da licenza pertinente.

Dende a Asociación puxemos tódolos medios legais ó noso alcance para intentar paralizar a execución da devandita orde e a consecución dunha licenza a cal nos permitise continuar coa nosa laboura desinteresada de fomento e libre intercambio cultural.

A resposta do concello foi a negativa a concesión da licenza á vez que nos animaron a continuar desempeñando a nosa función de divulgación cultural avisándonos, eso si, de non recibiren ningunha denuncia por ruidos ou similar xa que estabamos realizando a nosa actividade fora da legalidade e obligaríalles a actuar.

Sen mediar denuncia, a Policía Local de Pontevedra personouse no Local Social da Asociación, sito na rúa Rosalia de Castro, 100, con ánimo sancionador atendendo á citada orde do mes de agosto sin que mediara denuncia algunha por ruidos ou similares, o pasado sábado 24 de novembro, emitindo a correspondente denuncia.

Sen máis, este pasado sábado día 8 de decembro volveron a personarse no citado Local Social antes do comenzo do concerto programado para esa data coa firme intención de parar o evento, volvendo a facer acto de presencia durante a realización do mesmo, polo que nos vimos na obriga de suspendelo e de desaloxar a todo aquel que se atopaba no interior do local.

Entendemos que a nosa situación non é a desexable, e que coa lei na man non temos razón; pero tamén entendemos que a policía está a actuar de xeito persecutorio e interrompendo unha actividade sen ánimo de lucro, de libre intercambio cultural, respectuoso coa veciñanza e coa cidadanía da vila de Pontevedra.

Por este motivo, o Liceo Mutante anuncia ós seus socios que seguiremos loitando polo que consideramos xusto, polo que cremos unha necesidade cultural demandada por un amplo sector da sociedade; por iso seguiremos adiante ata conseguir regularizar a nosa situación.

Dende a Xunta Directiva comunicamos que estamos a traballar no asunto, e da vindeira Asamblea do xoves día 13 de decembro sairá o noso plan de actuación decidido, coma sempre, coa votación dos Soci@s.

Moitas gracias a todos polas vosas mostras de apoio.

Longa vida ó Liceo Mutante."

NON Ó PECHE DO LICEO MUTANTE!

Letter to
Concello de Pontevedra, Cultura
Concello de Pontevedra
NON ó peche do Liceo Mutante, NON aplasten a cultura en Pontevedra