ESIXIMOS MEDIDAS CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO
El problema
A evidencia dun clima cambiante é cada vez máis clara. Obviamente existen poderes interesados en manter o status quo, e tratar de agachar a realidade e o problema ao que nos enfrontamos todos como sociedade e como especie.
Este cambio climático non é unha problemática de hoxe, xa que o quentamento xeneralizado do planeta é unha consecuencia dunha realidade coñecida dende hai anos pero cuxas medidas por parte dos gobernos para remedialo son insuficientes.
A orixe do problema débese fundamentalmente á queima de biomasa e combustibles fósiles sumado a deforestación. Está, polo tanto, a man das institucións detrás do aumento da concentración atmosférica de CO2 responsable do efecto invernadoiro, e son as que deben de actuar para remediar esta situación con consecuencias tráxicas para o desenvolvemento da vida no planeta. Cambios na produción dos alimentos, aumento nos índices de mortalidade debido a inundacións, secas e tormentas ou a extinción de especies son só algúns exemplos do que xa está a suceder.
A situación é grave e urxente, non podemos alcanzar o punto de non retorno e temos que actuar agora para cambiar o curso da historia. Precisamos que os gobernantes teñan en conta os novos escenarios do cambio climático e debemos comezar co compromiso e a implicación dos nosos concellos e Consellería de Medio Ambiente introducindo criterios de sostibilidade e medidas de loita contra o cambio climático.
Estas son algunhas das nosas propostas para a axenda política:
1. Crear Oficinas Contra o Cambio Climático como organismos de coordinación. Entre as súas funcións estarían: a cuantificación das emisións de CO2 dos plans municipais, crear un regulamento en contra do cambio climático que permita potenciar e beneficiar todas aquelas prácticas que opten por un camiño máis sostible, así como a vixilancia do cumprimento dos obxectivos da estratexia marcada.
2. Realizar plans de implantación de enerxías renovables en instalacións e servizos municipais para impulsar modelos baixos en emisións contaminantes:
- Optimización do alumeado público ou melloras dos envolventes dos edificios; busca de novas alternativas coma cubertas verdes.
Instalar enerxía solar fotovoltaica en instalacións municipais. - Substituír sistemas de climatización e auga quente por outros máis sostibles.
- Promover os edificios de consumo case nulo aplicando criterios de construción bioclimática para mostrar o compromiso municipal.
3. Fomentar as 3R, reducir, reutilizar e reciclar, na xestión dos residuos.
- Promover a creación de plantas de reciclaxe de residuos locais fronte a incineración, que ademais contribuirían a creación de emprego para a poboación da contorna.
- Facilitar a separación e recollida selectiva de residuos no rural mediante a colocación dos diferentes contedores.
- Estudar o horario dos puntos limpos para dar maiores facilidades aos cidadáns.
4. Actuar contra a perda dos montes, establecendo medidas de prevención de incendios:
- Planificar programas de reforestación que teñan en conta de forma prioritaria o risco de incendios á hora de escoller as especies nativas axeitadas.
- Apostar polo emprego forestal estable, profesionalizando as brigadas nas labores de prevención.
5. Mellorar a xestión da auga:
- Esixir aos licitadores de contratas de limpeza o uso eficiente da auga e de produtos non tóxicos e non lesivos para o medio ambiente.
- Ditar normativas que inclúan a xestión eficiente da auga no interior dos edificios municipais.
- Automatización do rego dos espazos verdes.
6. Reducir a contaminación orixinada polo tráfico, vivificando o transporte colectivo e non motorizado.
- Crear un programa municipal para o desenvolvemento de recarga de coches eléctricos en lugares de residencia ou traballo.
- Priorizar desprazamentos non motorizados, promoción das redes ciclistas, bicicletas de aluguer, peatonización de rúas e limitación da condución no centro das vilas.
7. Desenvolver campañas de educación ambiental para os cidadáns:
- Programar actividades de concienciación, sensibilización e información sobre pequenas accións que podemos levar a cabo para contribuír á diminución das emisións e da contaminación en xeral.
- Implantación de educación ambiental nos centros educativos.
8. Favorecer o comercio xusto e respectuoso co medio ambiente e as persoas:
- Fomentar o comercio local que reduza as emisións de gases no trasporte e asegurando unhas condicións dignas para os traballadores.
- Facilitar e promover a realización de mercados de segunda man e artesáns.
- Incentivar a compra de produtos fabricados con procesos respectuosos co medio ambiente, como papel e tóner reciclado.
9. Mellorar os espazos verdes dos concellos coa plantación de árbores e plantas autóctonas.
- Plantación de árbores e plantas autóctonas.
- Vixiar o estado das plantacións, mantemento e substitución de ser necesario.
10. Calcular e controlar as emisións de gases de efecto invernadoiro:
- Establecer mecanismos de control e vixilancia da calidade do aire.
- Facilitar a adopción de medidas preventivas e correctoras nos polígonos industriais que reduzan as emisións á atmosfera, así como fomentar o uso de enerxías renovables.
- Realizar inspeccións periódicas que garantan o cumprimento da lexislación en materia non só de contaminación atmosférica senón tamén de xestión de residuos.
- Fixar e executar sancións por infraccións en materia de medio ambiente.

Petición cerrada

Los destinatarios de la petición
Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 11 de abril de 2019