Por unha promoción profesional real na Xunta de Galiza

El problema
O dereito á promoción profesional do persoal da Xunta de Galiza nunca foi real ao contrario do que acontece noutras Administración públicas ou mesmo na empresa privada. As convocatorias de promoción interna para poder acceder a un grupo superior cumprindo as condicións de titulación e experiencia profesional foron esporádicas, escasas, e non adaptadas á realidade do obxectivo da convocatoria nin dos coñecementos e experiencia das persoas a quen estaban dirixidas.
É habitual que a única diferenza entre a promoción interna e o acceso libre na Xunta sexa exclusivamente a non realización dun único exercicio dunha ducia de temas, como pasa no persoal laboral ou persoal funcionario de escalas, sendo o resto do proceso de oposición idéntico e sen tan sequera unha convocatoria separada. No persoal funcionario de corpos xerais soe haber unha convocatoria separada e habitualmente a non realización dalgún exercicio dos de acceso libre.
Porén, desta volta a Dirección Xeral de Función Pública presentou uns borradores de convocatoria de promoción interna do persoal funcionario de corpos xerais que non se parecen en nada, nin ao que acontece noutras Administracións actualmente e nin sequera ao que acontecía na propia Xunta cando foi a última promoción interna no 2009, xa que non convelvan a excepción de ningún dos exercicios que se piden por acceso libre.
Solicitamos que o dereito de carreira profesional do persoal dentro da Administración da Xunta de Galiza sexa por criterios de mérito e capacidade, criterios que deben ser valorados de xeito obxectivo e ponderado xuntos cos méritos e coñecementos adquiridos no grupo inferior.
Así mesmo, demandamos unha redución do número de probas e temarios, xa demostrados no grupo inferior, así como que todas as probas sexan de carácter obxectivo (tipo test) e a eliminación de méritos que non puideron ser conseguidos en condicións de igualdade. Só deste xeito se garante un persoal público profesional e independente.

Petición cerrada
Comparte esta petición
Los destinatarios de la petición
Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 15 de julio de 2014