Victoria

NON AO DERRUBE DA CASA DA XUVENTUDE

¡La petición ha conseguido su objetivo gracias a 268 firmas!


Sr. Alcalde:

PORQUE DICIMOS “NON” AO DERRUBE DA CASA DA XUVENTUDE 

1) Porque cremos que gastar 165.000 euros de diñeiro público en demoler un edificio público en plenas condicións de uso, nos tempos que corren, NON é prioritario.

2) Porque é un edificio que ben podería servir para acoller todo tipo de actividades e expresións culturais existentes na Cidade (encontros, charlas, mostras, xogos, talleres, locais de ensaio, espazos expositivos, proxeccións, música, pintura, teatro, fotografía, nenos, maiores….).

3) Porque a Cidade Vella carece dun equipamento sociocultural destas características: con tal equipamento (salón de actos, salas multiusos…), de tales dimensións e con tanto potencial dada a súa estratéxica ubicación -en plena Porta do Camiño, entre a Cidade e o Parque de Belvís-, que podería convertirse nun importante elemento dinamizador social e cultural da zona. 

3) Porque a apertura do parque de Belvís á Cidade xa está prevista na normativa municipal, a través da parcela situada na outra beira do rego do Cancelón, sen necesidade de derrube algún. É executala, e listo. Por outra parte, poderíase habilitar fácilmente un acceso ao Parque a través do propio edificio.

4) Porque a suposta “fealdade” (subxectiva) do edificio é fácilmente subsanable (habendo vontade). Bastaría cunha intervención de acondicionamento do mesmo, intervención, por outra parte, xa reflexada na normativa municipal.

5) Porque cremos que a demolición pon en perigo un espazo público de altísimo valor, o Parque de Belvís, xa que para levala a cabo parece inevitable que éste se empregue como vía de acceso de camións e maquinaria. 

6) Porque tememos que esta acción poida agochar outros intereses privados. Non nos fiamos dun partido políticomanifestamente corrupto, con 3 alcaldes no que vai de lexislatura, un alcalde condenado, outro imputado, e a práctica totalidade de concelleiros condenados e imputados en distintos casos de corrupción e prevaricación de fondos públicos. 

7) Porque a normativa municipal vixente non permite a desaparición dun edificio público de dotación de servizos á poboación existente así como así.

----
Por todo elo opoñémonos a esta demolición e instamos ao concello a dar marcha atrás á decisión de derribalo e polo a disposición dos cidadáns cumprindo o uso sociocultural ao que está destinado. E, en todo caso, gasta-lo diñeiro a él destinado en acondicionalo e melloralo.  

 

Coñece a Casa da Xuventude!! 

Lu-Xo de 08:00-20:00, Ve de 08:00-14:00 e de 16:00-20:00

 

Contáctanos en:

opublicoedetodas@gmail.com   

 

   "Defender o público - a Casa da Xuventude é nosa"



Hoy: Defender cuenta con tu ayuda

Defender o público necesita tu ayuda con esta petición «Agustín Hernández Fernández de Rojas: NON AO DERRUBE DA CASA DA XUVENTUDE». Únete a Defender y 267 personas que ya han firmado.