Manifesto por un Vigo comprometido coa cooperación internacional

El problema
Considerando que…
O benestar e o desenvolvemento dos pobos están interrelacionados, os esforzos no ámbito local teñen repercusión a escala global, e viceversa e, por este motivo, os gobernos locais teñen unha obriga ética ineludible de contribuír á construción dun mundo máis xusto e responder de forma conxunta ás causas e consecuencias globais e domésticas da pobreza, as desigualdades e a insostibilidade ambiental.
A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible (aprobada por Nacións Unidas) define un novo e ambicioso marco de compromisos para erradicar a pobreza, reducir as desigualdades e promover un desenvolvemento sustentable en todo o mundo e compromete a todos os países e gobernos rexionais e locais.
A cooperación ao desenvolvemento é unha política pública fundamental para loitar contra a pobreza e as desigualdades que traballa en prol dos dereitos humanos e a dignidade das persoas a través da promoción dun desenvolvemento humano sostible que esixe o esforzo coordinado de todos os niveis de goberno.
Denunciamos que…
A cidade de Vigo, a máis grande de Galicia e a 14ª de España, é unha das cidades que menos destina a Axuda Oficial ao Desenvolvemento, por debaixo doutras con menos posibilidades económicas.
En 2015 e 2016 o Concello de Vigo deixou sen executar os fondos destinados a proxectos de cooperación internacional no exterior por 118.000 € (53.000 e 65.000 € respectivamente).
En 2017, no transcurso desta campaña, o Concello destinou finalmente 50.000 € a axuda humanitaria sen unha convocatoria pública que garanta os criterios de libre concorrencia, transparencia e calidade.
Apostamos por…
Un goberno municipal de Vigo que xogue un papel fundamental na promoción do desenvolvemento humano sustentable facendo realidade a premisa de “actuar localmente e pensar globalmente”.
Unha cooperación ao desenvolvemento local como unha política municipal fundamental para conseguir unha cidadanía crítica, activa e solidaria na cidade de Vigo a través da promoción da transformación social e o fin das inxustizas sociais.
E, polo tanto, demandamos:
- Que se aprobe unha convocatoria pública de subvencións para proxectos de cooperación internacional como o instrumento máis axeitado para executar o orzamento municipal correspondente.
- Que se valore o traballo do Consello Municipal de Cooperación atendendo as peticións e recomendacións deste órgano consultivo.
- E que, seguindo a recomendación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que preside o alcalde de Vigo, se incremente significativamente o esforzo en cooperación internacional co obxectivo de ir achegándose ao 0,7% do orzamento.
Asinan: Amigos da Terra, Cáritas Diocesana Tui-Vigo, Coordinadora Galega de ONGD, Comité Oscar Romero Vigo, ECOAR, Entreculturas Fe y Alegría, Emaús Fundación Social, Fundación Balms para a Infancia, Médicos do Mundo, Oxfam Intermón, Parroquia Cristo de la Victoria Vigo, PROCLADE, Semilla para el cambio, Solidariedade Internacional Galicia, REDES - Red Entidades para el Desarrollo Solidario, SOS Racismo Galicia e Taller de Solidaridad.

Petición cerrada
Comparte esta petición
Los destinatarios de la petición
Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 14 de junio de 2017