Petición cerrada

Manifesto por un Vigo comprometido coa cooperación internacional

Esta petición ha conseguido 562 firmas


Considerando que…

O benestar e o desenvolvemento dos pobos están interrelacionados, os esforzos no ámbito local teñen repercusión a escala global, e viceversa e, por este motivo, os gobernos locais teñen unha obriga ética ineludible de contribuír á construción dun mundo máis xusto e responder de forma conxunta ás causas e consecuencias globais e domésticas da pobreza, as desigualdades e a insostibilidade ambiental.

A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible (aprobada por Nacións Unidas) define un novo e ambicioso marco de compromisos para erradicar a pobreza, reducir as desigualdades e promover un desenvolvemento sustentable en todo o mundo e compromete a todos os países e gobernos rexionais e locais.

A cooperación ao desenvolvemento é unha política pública fundamental para loitar contra a pobreza e as desigualdades que traballa en prol dos dereitos humanos e a dignidade das persoas a través da promoción dun desenvolvemento humano sostible que esixe o esforzo coordinado de todos os niveis de goberno.

Denunciamos que…

A cidade de Vigo, a máis grande de Galicia e a 14ª de España, é unha das cidades que menos destina a Axuda Oficial ao Desenvolvemento, por debaixo doutras con menos posibilidades económicas.

En 2015 e 2016 o Concello de Vigo deixou sen executar os fondos destinados a proxectos de cooperación internacional no exterior por 118.000 € (53.000 e 65.000 € respectivamente).

En 2017, no transcurso desta campaña, o Concello destinou finalmente 50.000 € a axuda humanitaria sen unha convocatoria pública que garanta os criterios de libre concorrencia, transparencia e calidade.

Apostamos por…

Un goberno municipal de Vigo que xogue un papel fundamental na promoción do desenvolvemento humano sustentable facendo realidade a premisa de “actuar localmente e pensar globalmente”. 

Unha cooperación ao desenvolvemento local como unha política municipal fundamental para conseguir unha cidadanía crítica, activa e solidaria na cidade de Vigo a través da promoción da transformación social e o fin das inxustizas sociais.

E, polo tanto, demandamos:

  • Que se aprobe unha convocatoria pública de subvencións para proxectos de cooperación internacional como o instrumento máis axeitado para executar o orzamento municipal correspondente.
  • Que se valore o traballo do Consello Municipal de Cooperación atendendo as peticións e recomendacións deste órgano consultivo.
  • E que, seguindo a recomendación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que preside o alcalde de Vigo,  se incremente significativamente o esforzo en cooperación internacional co obxectivo de ir achegándose ao 0,7% do orzamento.

Asinan: Amigos da Terra, Cáritas Diocesana Tui-Vigo, Coordinadora Galega de ONGD, Comité Oscar Romero Vigo, ECOAR, Entreculturas Fe y Alegría, Emaús Fundación Social, Fundación Balms para a Infancia, Médicos do Mundo, Oxfam Intermón, Parroquia Cristo de la Victoria Vigo, PROCLADE, Semilla para el cambio, Solidariedade Internacional Galicia, REDES - Red Entidades para el Desarrollo Solidario, SOS Racismo Galicia e Taller de Solidaridad.



Hoy: Rede Social cuenta con tu ayuda

Rede Social Galicia Sur necesita tu ayuda con esta petición «Abel Caballero: Manifesto por un Vigo comprometido coa cooperación internacional». Únete a Rede Social y 561 personas que ya han firmado.