3ª demanda: protección do ensino no rural


🗝️ Unha das claves da nosa loita é garantir as clases presenciais nos centros do interior e bisbarras galegas de poboación rural (aplicando a equidade territorial).
⚖️ Esiximos o riguroso cumprimento da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa (4.4): "Coa finalidade de atender a diversidade en ámbitos rurais, pequenos núcleos de poboación e/ou outras circunstancias que así o aconsellen, as materias optativas poderán impartirse cun número menor de alumnas ou alumnos."
📄 A nosa proposta ante a suposta problemática da "falta de docentes": medias xornadas e/ou itinerancias coordinadas.
🏘️ A neglixencia do ensino no rural contravén un dos artigos fundamentais do noso Estatuto de Autonomía (4), que indica que lles corresponde ós poderes públicos "promove-las condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas, remove-los atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilita-la participación do tódolos galegos na vida política, económica, cultural e social."
📣 O alumnado do rural merece e ten dereito a ter todas as garantías dunha formación integral.
Unha vez máis, grazas pola vosa colaboración. Ten un valor incalculable.
🏛️ Clásicas en pé 🏛️