A presión funciona! Os sindicatos levan o noso dossier dos 47 centros á Mesa Sectorial


Ola a todos e todas!
Queremos compartir unha noticia moi importante: a mobilización e as vosas firmas están a dar os seus primeiros froitos.
Na Mesa Sectorial de Educación celebrada hoxe entre a Consellería e os sindicatos docentes, a representación sindical (CIG) asumiu de forma íntegra as demandas e os datos do noso informe técnico sobre as materias clásicas en Galicia.
🏛️ O que se esixiu hoxe formalmente ante a Xunta:
Restitución presencial inmediata a «Custo Cero»: Solución para os 47 institutos onde hai profesorado especialista contratado facendo gardas ou impartindo afíns mentres máis de 200 alumnos/as están derivados á educación a distancia (CADD).
Revisión doutros 15 centros que sufriron restricións inxustificadas na oferta de optativas de Clásicas.
Transparencia na matrícula: Control e instrucións claras para evitar que se omitan ou oculten Latín, Grego e Cultura Clásica nos sobres de inscrición.
Protección do ensino no rural: Garantía total do dereito para estudar presencialmente sen discriminación territorial.
Freo ás amortizacións: Mantemento das prazas vacantes por xubilación para non desmantelar os departamentos.
🚀 Próximo paso crucial: Asemblea Autonómica o 16 de outubro
Que a Xunta teña xa sobre a mesa as nosas esixencias é un paso enorme, pero a negociación non se pecha hoxe. Necesitamos manter a máxima presión para que estas palabras convértanse en resolucións oficiais asinadas.
O vindeiro venres 16 de outubro celebraremos a Asemblea Autonómica na Facultade de Filoloxía da USC e entregaremos formalmente o expediente completo de firmas ante a Consellería de Educación, a CIUG, os Reitorados e o Parlamento de Galicia.
✍️ Como podes axudarnos neste esprint final?
Comparte esta petición hoxe mesmo nos teus grupos de WhatsApp, Telegram ou redes sociais.
Consegue que 3 persoas da túa contorna asínena antes do venres.
Cada firma conta para demostrar que o ensino público e presencial non se vende! ✊