
Os directivos do CHUS e do SERGAS vulneran dereitos fundamentais das persoas cando nos arrebatan o dereito a intimidade nos últimos momentos da vida.
O artigo 9.2 da Lei 5/2015, do 26 de xuño, dos dereitos e garantías da dignidade das persoas enfermas terminais, establece que "Os centros e institucións sanitarias garatizaranlle ao paciente en situación terminal, que deba ser atendido en réxime de hospitalización, as mellores condicións relativas ao confort, pudor e intimidade, incluíndo o ámbito sociosanitario e o dereito á estancia nunha habitaciön individual, salvo que cistcunstancias excepcionais o xustifiquen".
O excepcional é aquelo que se aparta da regra e que acontece rara vez. É un suceso sobrevindo e imprevisible sobre o cal a administración non ten capacidade de anticipación. Os responsables sanitarios sí tiñan coñecemento anticipado da situación, sabían que o dereito estaba garantido por unha lei e tiñan o deber de subministrar unha habitación individual ao paciente.
En calquera sociedade fundamentada nos dereitos humanos e con mecanismos de control democrático o falecemento nesas condicións de Miguel Ángel Rodriguez saldaríase con dimisións e expedientes disciplinarios. Desde a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS brindamos o noso apoio a Vanesa Pais para que xuntos podamos poñer fin a estos atentados contra a dignidade humana.