Petition updateSALVAR LAS PINTURAS MURALES DE LABRADA de GUITIRIZ (LUGO)SOLICITAR UNHA XUNTANZA CON PATRIMONIO CIVIL-ECLESIASTICO

luis Angel Rodriguez PatiñoLa Coruña, GA, Spain
14 Aug 2014
Estimados Srs.:
O motivo do presente correo é o de solicitar unha xuntanza informativa, coa fin de expoñer as causas do deterioro que están a sufrir a igrexa de Santa María de Labrada (Guitiriz-Lugo) e a capela de San Antonio de Momán (Xermade-Lugo), así como o de propor unha serie de actuacións encamiñadas á corrección de ditas afeccións.
A Igrexa de Santa María de Labrada está a experimentar unha afección progresiva nas súas pinturas murais -do século XV-, debido á filtración de humidades polo muro no que se dispoñen.
No caso da capela de San Antonio de Momán, detéctase unha importante inclinación da espadana, cara o interior do edificio.
En ambos casos foron analizadas as orixes dos danos existentes, preparándose, en consecuencia, propostas encamiñadas á corrección das mesmas, que de non actuar de xeito urxente, poderían chegar a ser irreversibles. Así mesmo, establecéronse xuntanzas de coordinación, cos técnicos da Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
En ambos casos trátanse de bens patrimoniais catalogados, se ben débese destacar o valor das pinturas murais de Labrada, conferido tanto pola súa tipoloxía coma cronoloxía. No caso da capela de Momán, sinálase o uso habitual do templo, por parte dos fregueses, polo que o risco de derrubo, podería afectar á integridade das persoas.
Poñéndonos á súa disposición, reciban un cordial saúdo.
Mario César Vila
Arqueólogo - Técnico en Patrimonio Cultural
Rúa José Luís Puente Domínguez, Nº1
15702 – Santiago de Compostela (A Coruña)
Tel. 981 938 825 - 650 337 454
mariocesarvila@gmail.com
Copy link
WhatsApp
Facebook
Nextdoor
Email
X