Xunta da Galiza: Impidamos a prórroga de ENCE en Lourizán!

El problema

O Goberno do PP vén de conceder unha prórroga de 60 anos á empresa ENCE na Ría de Pontevedra, permitíndolle permanecer en Lourizán, en terreos de dominio público, ata o ano 2073. E faino estando en funcións e cun Presidente desaparecido e derrotado, que sabe que non vai revalidar o seu goberno. Trátase dunha decisión política, e mesmo faise incumprindo o Regulamento Xeral de Costas, que impide a prórroga dunha concesión mentres estea aberto un expediente de caducidade, caso no que se atopa a empresa pasteira. Máis unha vez, o PP defende os intereses particulares, os seus intereses e os dos seus amigos, fronte ao interese xeral, socialmente máis xusto e máis rendíbel desde o punto de vista económico e ambiental.

Esta prórroga de 60 anos a ENCE impedirá definitivamente a recuperación da Ría, das nosas praias, da calidade de vida e da economía da comarca, que ten que vir da man da explotación racional dos recursos naturais (nomeadamente, pesca, marisqueo e sector forestal) e do turismo, unha economía sustentábel no tempo e incompatíbel coa presenza do complexo ENCE-ELNOSA na Ría. Por iso temos que conseguir que esta decisión, que non é firme, poida ser revogada; e témolo que facer tanto pola vía administrativa e xudicial, como pola da mobilización social. Temos que esixir do novo goberno no Estado, que impida que esta nova aldraxe á nosa Ría, á nosa calidade de vida e á nosa economía vaia adiante.

Non podemos esquecer que esta empresa foi condenada por delito ecolóxico continuado no ano 2002; que, como daquela, sigue incumprindo a lexislación ambiental e que leva 50 anos destruíndo o medio ambiente, os recursos naturais, a calidade de vida e a economía da comarca. Porque temos a razón, por dignidade, e porque está en xogo o futuro da Ría e o das xeracións vindeiras, hoxe máis que nunca IMPIDAMOS A PRÓRROGA A ENCE NA RÍA DE PONTEVEDRA!

Petición en castellano

avatar of the starter
Asociación Pola Defensa da RíaCreador de la petición
Esta petición ha conseguido 19.942 firmas

Actualizaciones de la petición

Compartir esta petición

Petición creada en 29 de abril de 2013