Non á suba do prezo do autobús
Greetings,
Sr. Alcalde,
Diríxome a vostede para amosarlle a miña postura contraria á suba do prezo do autobús urbano, máxime tendo en conta o contexto de crise económica que nos está a afogar a moitas familias. E non só decidiron incrementar o prezo xeral, tamén fixeron recaer o aumento do billete nos usuarios e usuarias do bono-social, aqueles colectivos máis castigados pola situación económica, como as persoas desempregadas, as pensionistas ou os estudantes. O grave é que decidiron en Xunta de Goberno Local subir o prezo do autobús aínda coñecendo os grandes beneficios que obtén a Compañía de Tranvías grazas ás subvencións do Concello da Coruña.
Segundo as cifras do Rexistro Mercantil, no 2010 a empresa de transportes tiña unha necesidade de subvención de 3,1 millóns. Malia isto, o Concello achegoulle 7,3 millóns, o que significa que a Compañía de Tranvías gañou 4,2 millóns grazas ás axudas que lle deu o Concello. Deses 4,2 millóns, a empresa repartiu entre os seus accionistas 2 millóns de euros de todos os coruñeses e coruñesas.
E, malia isto, non hai melloras na prestación do servizo do autobús urbano en canto a liñas e frecuencias.
Neste contexto, non se pode admitir que o Goberno local aprobe a suba do prezo do billete. É por iso que lle solicito que revise á baixa as tarifas do autobús, que se revise a concesión da Compañía de Tranvías e que melloren os servizos do autobús urbano para que as liñas unan os barrios entre si, os barrios cos polígonos industriais e os barrios cos puntos estratéxicos da cidade.
Á espera de que atenda estas peticións,
Reciba un cordial saúdo.
[Your name]