PETICIÓN CERRADA

  • El plazo para firmar esta petición ha finalizado
Non á suba da luz!
  1. Firmas
    272 de 1.000
    Pidiendo a
    1. D. Miguel Sebastián Gascón. (Sr. Ministro de Industria)
¿SABÍAS QUE... se finalmente o Goberno Central leva a cabo en marzo a nova suba de preto dun 10% o recibo eléctrico se terá incrementado en máis do 53% nos últimos 4 anos, nun contexto de forte crise con alto desemprego e perda de poder adquisitivo? o IPC, índice que se toma como referencia para a suba dos salarios, incrementouse no entre xaneiro de 2007 a xaneiro de 2011 un 9,3% na provincia de Pontevedra (datos do INE) o que supón un 43,7% menos que a suba no recibo da luz? resultado desta tarificación inxusta, abusiva e antisocial as cinco grandes empresas enerxéticas do Estado español acadan un promedio de 5.000 millóns de euros ao ano, a costa de prexudicar ás familias traballadoras que representamos o consumo doméstico? os grandes operadores se reúnen unha vez ao trimestre e realizan unha poxa pa-ra marcar o prezo da enerxía co que intentan conseguir un prezo á alza para os seus beneficios? as economías máis débiles pagamos máis xa que os que menos consumen cargan co 75% do total facturado por consumo eléctrico, malia utilizar só o 48% da electricida-de producida? a denominada Tarifa de Último Recurso (TUR) se creou para beneficio dos consumi-dores, porén, está a ser utilizada polas empresas comercializadoras para o seu propio beneficio ? a actual Tarifa Social é completamente ineficiente por canto a gran maioría dos contadores afectados corresponden a escaleiras de comunidades de propietarios e non a vivendas familiares? malia o elevado custo e o deficiente suministro da electricidade o Goberno Central afirma ter coas empresas eléctricas unha débeda de arredor de 20.000 millóns de euros (o denominado Déficit Tarifario), que tería que aboar antes de 2013 a pesar dos mil millonarios beneficios que obteñen anualmente, podendo repercutilo nas e nos consumidores? as empresas eléctricas nos cobraron indebidamente ás e aos consumidores máis de 4.000 millóns de euros, con cargo á achega que se nos impuxo para facilitar ás empresas a transición á competencia? que aproveitándose da falta de claridade dos conceptos que veñen reflectidos na fac-tura son numerosas as denuncias de sobrecobros por parte das empresas eléctricas?
Por qué están firmando esta petición
Firmas recientes

Non á suba da luz! Por un sistema tarifario socialmente xusto.

Greetings,

Señor Ministro de Industria,

Dun tempo a esta parte estanse a producir reiterados incrementos no prezo do recibo eléctrico, o cal supón unha carga económica inasumíbel e que afoga a moitas familias traballadoras que representan a maioría social. Nese senso está prevista, por decisión do seu Goberno, unha nova suba dun 9,8% do recibo da luz para o mes de marzo de 2011, que sumada ás anteriormente rexistradas resultaría nun incremento total de máis do 53% desde o ano 2007 até a actualidade. Dicir que no mesmo período o IPC, índice que se toma por referencia para o incremento dos salarios, subiu apenas un 9,3% na miña provincia (Pontevedra), o que evidencia o desmedido destas subas e o abusivas que resultan.

Tendo en conta que a enerxía eléctrica é un subministro esencial e un servizo básico no conxunto da economía, nomeadamente no consumo doméstico, así como o actual marco de crise que castiga con forza especialmente ás familias asalariadas, con taxas de desemprego record, contracción do crédito e perda de poder de compra real, este incremento alén de arbitrario ten unha dimensión claramente abusiva e antisocial, pois posto que a tarificación deste servizo básico non é progresiva, ao non discriminar rendas, prexudicará especialmente aos segmentos sociais máis desfavorecidos. Segmentos que dificilmente van poder soportar aumentos sucesivos no seu custo, moito máis se segue crecendo nos niveis desproporcionados que se van anunciando, máxime cando a reserva en exclusiva da cobertura da Tarifa de Último Recurso (TUR) supón máis que un beneficio e unha garantía dos consumidores, unha ocasión para a transgresión das leis da competencia, ademais que os custos unitarios do Kw/h non poden cargarse aos pequenos consumidores, que son maioritarios, e favorecer os consumidores compulsivos, sexan da TUR ou das Tarifas Libres. Hoxe as economías máis febles pagan máis a luz eléctrica, posto que consumindo unicamente un 48% do total fan fronte ao 75% dos custes.

Resulta sumamente indecente e indefendíbel que os sucesivos incrementos no prezo da luz eléctrica sirvan unicamente para asegurar os beneficios empresariais dos grandes grupos eléctricos que operan no marco do Estado Español, e que atinxen aproximadamente os 5.000 millóns de euros anuais, a costa de gravar inxustamente á maioría social. Lamentábel é tamén que esta política sexa resultado directo das presións ao Goberno Central, a través do seu ministerio, para que as tarifas se vaian incrementando, exercidas tanto pola poxa da enerxía para subministración a tarifa, no mercado dos Contratos de Enerxía para a Subministración de Último Recurso, como pola propia Comisión Nacional da Enerxía, e especialmente polas grandes empresas do sector.

Dado que as subas xa producidas, e a que se anuncia, superan o incremento medio nas facturas moi por enriba do IPC, que se toma como referencia para o aumento dos salarios, é imprescindíbel que se proceda senón á conxelación polo menos á contención das tarifas, en torno aos devanditos índices de IPC, e o estudo e aplicación dalgunha fórmula de progresividade tanto nas tarifas cono nos IVAS, ademais da concreción e divulgación das boas prácticas no sector, así como a protección das e dos consumidores que sofren as consecuencias finais.

É por iso que lle SOLICITO:

-Que se paralice o incremento no recibo eléctrico previsto para o mes de marzo do presente ano, e que tomen as medidas necesarias para instauración dun modelo eléctrico cun sistema tarifario máis xusto, mediante a progresividade e a contención dos prezos –especialmente en contextos de dificultades económicas para a maioría social- que tome por referencia o IPC nos seus incrementos, así como que facilite un control dos obxectivos ambientais de aforro enerxético e de estimulación das enerxías alternativas e dun consumo responsábel.

-Que a través da Secretaria de Estado da Enerxía do Ministerio de Industria, abran de forma inmediata vías de traballo e consenso coas organizacións sociais, e especificamente co movemento veciñal, aos efectos de dialogar sobre as consecuencias da situación actual, e acadar un modelo transparente e consensuado.

Un saúdo.

[Your name]