MANTEMENTO DOS PARTIDOS XUDICIAIS DE VERÍN, XINZO DE LIMIA E DO RESTO DAS COMARCAS DE GALIZA

El problema

Tras a aprobación do Anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial polo Goberno, constátase que a maioría das Comarcas de Galiza están destinadas a perder a súa condición de partidos xudiciais e, con ela, a deixar polo caminho os servizos proprios de tais entidades: xulgados de paz, rexistros civís, xulgados de instancia, etc.

O proxecto gobernamental integra, os Partidos Xudiciais de Verín e Xinzo de Limia, así como a maioría dos da provincia, nun único ente, con sede na cidade de Ourense. O mesmo que están facendo coa xestión hospitalar. 

A  máquina esmagadora de servizos públicos posta en marcha, non ten límites. Calquera día imos erguer coa noticia de que trasladan as escolas de primaria de toda a provincia á cidade de Ourense ou, quen sabe se no futuro, a Zamora. Baixo o paraugas da crise económica aténtase, sen complexos, contra os dereitos da cidadanía, mentres se inxectan miles de milhóns de euros no sector financeiro e na banca, pra que tres segan vivindo a custa da maioría. A crise pagámola os cidadáns e cidadás e os nosos impostos acaban nas contas de resultados dos que a provocaron.

A nenguén lhe esquece a importancia que pras comarcas de Monterrei e A Limia ten o mantemento dos partidos xudiciais, tanto dende a prespectiva institucional, como dende a prespectiva dos servizos que presta aos cidadáns e cidadás. A supresión dos citados partidos xudiciais pode provocar que os limiaos/ás e os verineses/as deban acodir, pra facer calquera trámite civil ou xudicial a Ourense.

Ante tal panorama a Unión Local de Verín e A Limia da Confederación Intersindical Galega considera que a cidadanía,  comezando polos que a representan, debe mobilizarse e impedir a perda de mais servizos públicos.

Por tais motivos, é polo que a CIG che solicita que asines esta petición, dirixida ao Ministro de Xustiza do Estado Espanhol, ao Presidente da Xunta de Galiza e ao Senador por designación da Comunidade Autónoma de Galiza e Alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán; co obxecto de facelos reflexionar e que, o primeiro, retire do anteproxecto de lei a proposta de suprimir os partidos xudiciais de Verín e Xinzo de Limia e, mesmo, reformule a norma no seu conxunto e, os outros dous, en exercicio dos seus cargos, defendan os intereses de Galiza, de Verín e de Xinzo de Limia, reclamando a retirada do anteproxecto de lei e, no seu caso, votando en contra do mesmo no Senado.

avatar of the starter
Confederación Intersindical GalegaCreador de la petición
Esta petición ha conseguido 163 firmas

Los destinatarios de la petición

Alberto Ruíz Gallardón, Alberto Nuñez Feijoo e Juan Manuel Jiménez Morán

MINISTRO XUSTIZA, PTE. XUNTA DE GALIZA, SENADOR E ALCALDE VERIN

Actualizaciones de la petición

Compartir esta petición

Petición creada en 9 de abril de 2014