Pola defensa dos camiños de ferro en Galiza e na Coruña

El problema
Perante o plan de RENFE de suprimir os servizos entre A Coruña e Ferrol e a pretensión de eliminar servizos de media distancia en Galiza, en nome dunha política de reestruturación e liberalización, as e os abaixo asinantes rexeitamos con enerxía estas medidas e esiximos do Goberno do Estado e das devanditas empresas públicas:
1. Mellorar os servizos de media distancia actuais, tanto en número de frecuencias como no material rodante, abaratar as tarifas e executar un plan urxente de mellora da infraestrutura (como o traspase en Betanzos), co fin de reducir o tempo de viaxe entre A Coruña e Ferrol, que na actualidade ten unha duración de 1 h. 15 min.
2. Potenciar as infraestruturas ferroviarias coa posta en servizo das vías de ferro que atravesan as distintas localidades da comarca e pasan polos polígonos industriais, polo Campus de Elviña e polo porto e chegan o centro da Coruña, até a Praza de Ourense.
3. Demandar da Xunta e do Goberno do Estado o inicio de negociacións para transferir as competencias en materia ferroviaria nos devanditos corredores á Galiza, co financiamento e os medios adecuados, para a creación dunha Compañía Ferroviaria Pública Galega.

Petición cerrada
Comparte esta petición
Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 16 de septiembre de 2012