Que o asesor xurídico deixe de vexar á cidadanía muradá ou se vaia.

El problema
Os abaixo asinantes veciños e veciñas e Muros queremos manifestar
O noso desacordo e mais enérxica repulsa pola prepotencia e falta de respeto que algúns veciños están a recibir polo Asesor Xurídico do Concello.
Os veciños e veciñas de Muros temos dereito a ser tratados co debido respeto polo persoal ao servizo do Concello, dito respeto inclúe as formas e modais á hora de falarnos así coma o respeto polo idioma que estamos a empregar.
O Concello de Muros dispón dun “Regulamento municipal do uso do galego” aprobado polo Pleno da Corporación na sesión do 31 de maio do 2001, sendo alcalde Celestino Formoso Vidal. Ese regulamento con plena vixencia, recolle nos seus artigos 1º e 2º o dereito dos veciños a ser atendidos na lingua oficial que elixan e que o persoal ao servizo da corporación usará normalmente o galego nas súas relacións cos cidadáns, e finalmente no seu artigo 18 establece que o persoal ao servizo da corporación debe estar en disposición de empregar a lingua galega de forma oral e por escrito.
Por tal motivo, resulta incomprensible e a todas luces reprobable, que o asesor xurídico deste Concello, co pretexto de non entender o idioma, reclame dos veciños que se dirixan a el en castelán coma ten pasado en xuízos nos que acude en representación do Concello de Muros ou en reunións con veciños e representantes legais dos mesmos no despacho que ocupa na casa consistorial.
Dado o cargo que desempeña é evidente que o referido asesor e cargo de confianza da alcaldía, comprende e entende o galego perfectamente, polo que a súa actitude responde á idea de menosprezar e acobardar aos seus interlocutores.
A alcaldía de Muros como máxime responsable do persoal do Concello e como responsable directa da contratación deste Asesor, debe velar porque os veciños de Muros reciban unha atención correcta.
Por tal motivo pedímoslle á Alcaldesa de Muros que impida o trato vexatorio que están a recibir os cidadáns e o idioma galego por parte deste asesor, cesándoo no seu posto se fora necesario.

Petición cerrada
Comparte esta petición
Los destinatarios de la petición
Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 10 de diciembre de 2012