Topic

partido popular

8 petitions

Update posted 1 month ago

Petition to Grupo Parlamentario do Partido Popular de Galicia

Paremos a #LeiDepredacionGaliza antes do 17 de outubro

Castellano - Català O día 17 de outubro de 2017 está prevista a votación no Parlamento Galego da Proposición de Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais en Galicia, presentada polo Partido Popular e rebautizada polos movementos sociais como "Lei de Depredación de Galiza". Con esta lei o PP pretende desregular ámbitos como o eólico, forestal, mineiro, usos hidráulicos, cooperativas, etc. A efectos prácticos sería como modificar de golpe varias leis tratando de eliminar calquera debate público. Supón, ademais, unha ameaza absoluta ao conxunto da poboación que podería verse sometida a un uso abusivo e xeralizado da expropiación para favorecer iniciativas privadas de grandes empresas coa protección do goberno galego. Cunha lei como a que se pretende aprobar será practicamente imposíbel facer defensa do patrimonio natural galego. De feito, son tan atrevidos que mesmo incumpre normativas españolas e europeas! Para que isto non se converta en realidade, temos que facerlles ver que contan cunha contundente oposición social, ademais da de todos os demais grupos políticos do Parlamento e dos movementos sociais. Que non van saír coa súa e aprobar esta megalei depredadora pola vía rápida mentres a xente está desinformada e pendente do que sucede noutros lugares... E aínda teñen o descaro de dicir que a redactaron cunha "ampla participación cidadá"!!! Nós non pensamos ficar calados. E ti? Asina agora esta petición e axúdanos a difundila entre todas as galegas e galegos, por todos estes motivos: 1) EXPROPIACIÓN FORZOSA: Dará barra libre á expropiación por medio dos "proxectos de especial interese", que poderá ser concedido antes da aprobación do proxecto. A utilidade pública das instalacións eólicas considerarase prevalente: terán dereito a expropiar o monte sen máis. Fará da expropiación forzosa o instrumento fundamental para o acaparamento de terras. 2) OCULTACIÓN DE INFORMACIÓN: Minas: é a propia empresa mineira a que determinará que datos están suxeitos a segredo industrial, furtando así esa información ás persoas afectadas. Haberá proxectos exentos de información pública. Acurtará o tempo para mirar os expedientes. O teu concello non terá nada que dicir. 3) REDUCIÓN DE PRAZOS: Menos trámites. Menos prazo para alegacións. Acurtaranse prazos para controis administrativos. A falta de informe da administración o empresario terá razón. 4) MÁIS DOADO SALTAR O TRÁMITE AMBIENTAL: Desregulación aproveitamento eólico. Desregulación minaría. Desregulación Montes. Incumprimento normativa europea ambiental. 5) MÁIS EUCALIPTOS: As autorizacións non serán necesarias para eucaliptos. Abondará coa "declaración responsable". Perigo para os bens patrimoniais. En Rede Natura non precisarán autorización da Administración. 6) EXTRACTIVISMO: Quedará sen apenas regulación. Acurtaranse prazos para controis administrativos. Menores controis ambientais, de patrimonio, augas, etc. Dificultarase a participación cidadá. 7) PARQUES EÓLICOS: Desenvolveranse en prazos moi curtos. Non terán en conta criterios ambientais para escollelos. Facilitarase a expropiación forzosa. Pasarán por riba dos dereitos das persoas ou comunidades propietarias dos terreos. 8) CORRUPCIÓN: "Proxecto estratéxico": o que o gobernante queira. "Utilidade pública": Abondarán 20m € para o teu proxecto. Se tes cartos o teu proxecto poderá ser máis útil que as augas. Enerxía e Minas aos mandos da Xunta. 9) ACAPARACIÓN DO SOLO AGRÍCOLA: Desregulación de Montes. Pasarán por riba dos dereitos dos donos dos terreos. Proxecto planeado = Terra expropiada. Se non hai informe de Augas, abondará o que diga a mineira. 10) A MADEIRA EN MANS DOS GRANDES COMO ENCE: A autorización explotación forestal non será necesaria para eucaliptos. Tamén en Rede Natura e servidume de costa. Non precisarán informe de Patrimonio. Abondará con declaración responsable. Tes máis información en: http://www.contraminaccion.org/depredacion/ e en Twitter con #LeiDepredacionGaliza    

ContraMINAcción
27,710 supporters