Que cese o veto as bandeiras galegas.
  • Petitioned Valedor do Pobo

This petition was delivered to:

Valedor do Pobo

Que cese o veto as bandeiras galegas.

    1. Petition by

      Dereitos Civís

Sorprende ver como en titulares de 1976 http://bit.ly/14hhcSk pódese ler "La policía retira bandeiras gallegas en Santiago" e hoxe, 37 anos despois, en "democracia", teñamos que seguir lendo titulares do tipo http://bit.ly/19iEpEW "Reteñen 30 minutos un seareiro do Depor que se negou a que lle requisasen a bandeira nacionalista galega"

Parece que o avance nas liberdades públicas semella máis cosméticos que reis. Na nosa vida cotidiana, lonxe dos grande titulares, temos que ver como se dan todo tipo de circunstancias nas que se limitan manifestacións ideolóxicas como se facía no 1976. No último exemplo, do sábado 11 de Maio, "a acta policial fala de “bandera independentista gallega” e aborda o emblema nacional de Galiza como unha cuestión de orde pública" como se pode ler no xornal Sermos Galiza

Nalgunhas ocasións os funcionarios policiais negaron o acceso a zonas de Compostela coa bandeira da patria alegando que os paos podíanse usar como arma contra os asistentes á ofrenda ao apóstolo (25 de Xullo do 2010). Sen embargo a acta policial do pasado 11 de maio o afirma que “O funcionario actuante require o denunciado para que deposite no control de entrada unha bandeira independentista que leva atada á cintura", desaparecendo o "suposto" condicionante de perigosidade. É máis, xa non funcionarios da policía e si gardas de seguridade de EULEN requisaron bandeiras da patria no mencionado partido. Sen embargo cando un avogado reclamou o número do carné profesional do garda de seguridade e ameazou con denuncialo mentres ensinaba o seu de carné de avogado, este permitiu a entrada no recinto sen máis limitacións.

É común que os axentes aleguen que as bandeiras desencadean situacións de violencia nos estadios deportivos. Algo que entra en contradición co exemplo exposto no 25 de Xullo de 2010 e non coincide coas declaracións de seareiros que denuncia que as bandeiras son requisadas incluso cando aínda non están nos campos como pasou en Xaneiro do 2013. Nesta ocasión, como denunciaron varios seareiros e a web meuCelta.com http://bit.ly/18FGDk5: "a Policía Nacional estaba esperando aos autobuses as aforas de Madrid" “Subiron dous policías ao autobús e ordenaron que baixaramos de dous en dous" "retirando bandeiras de peñas e camisolas" "Tamén obrigaron a identificarse un a un a todos os que portabamos algunha simboloxía.”

Mentres isto acontece, non é difícil ver bandeiras do Estado ou escudos franquistas nos mesmo lugares onde se requisan as bandeiras galegas como pasou no Zorrilla e acumulando agravios comparativos. En Novembro do 2012 nun partido entre o Obradoiro e o Cajasol e outro entre o Obradoiro e o Gran Canaria.

Iso acontece mentres os responsables do club afirma que a retirada das bandeiras "débese a unha decisión da policía e que o club era totalmente alleo aos feitos".

Por todo o dito solicito que o Valedor do Pobo inicie unha investigación destinada a evitar a discriminación que sofren as persoas que portan bandeiras galegas.

Máis información: http://storify.com/dereitoscivis/bandeiras-da-patria

 

Recent signatures

    News

    1. Reached 200 signatures

    Supporters

    Reasons for signing

      • about 1 year ago

      Liberdade

      REPORT THIS COMMENT:
    • angeles perez SADA, SPAIN
      • about 1 year ago

      porque sintome orgullosa de ser Galega,

      REPORT THIS COMMENT:
    • Guillermo López Sueiro A CORUñA, SPAIN
      • about 1 year ago

      É importante pra min porque me sinto orgulloso de ser galego e de identificarme coa bandeira galega.

      REPORT THIS COMMENT:
      • about 1 year ago

      Porque é a unica bandeira que teño.

      REPORT THIS COMMENT:
      • about 1 year ago

      Creo que un estado que se presume "democrático" non pode sustentar e dar apoio a un recorte dos dereitos de libre expresión, persoal e colectiva, cando se realiza de forma pacífica e non violenta como o que acontece neste caso en particular.

      REPORT THIS COMMENT:

    Develop your own tools to win.

    Use the Change.org API to develop your own organizing tools. Find out how to get started.