Un colexio público do século XXI e con todos os servizos para o centro do Porriño

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 1.000!


O casco urbán da vila do Porriño, unha vila que conta con máis de 18.000 habitantes (en xaneiro do 2017, de acordo cos datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE) 19.567 habitantes) e cun incremento da poboación dun 3,5% (segundo eses mesmos datos do 2017) tendo unha das Taxas de Natalidade máis altas de todo o territorio galego, só conta cun colexio público, o CEIP Xosé Fernández López. Dito colexio presenta unhas instalacións castigadas polo paso dos anos (ten máis de 40 anos) e carece duns servizos tan esenciais para unha axeitada conciliación da vida laboral e familiar como son a Aula Madruga e o Comedor Escolar. Motivos polos cales, moitas familias do centro do Porriño teñen que escolarizar ás fillas a aos fillos en colexios das parroquias ou mesmo irse a outras vilas limítrofes, co conseguinte custo económico e esforzo persoal que esta decisión implica. A construción por parte da Xunta de Galicia dun segundo colexio no centro da vila É MOI URXENTE, por todo o sinalado, e posto que a capacidade do Xosé Fernández López tampouco permite crear novas prazas e a demanda de escolarización é alta.

Cun novo colexio con eses servizos (Aula Madruga e Comedor Escolar) ademais de aumentar ostensiblemente a ratio de prazas de escolarización ofertadas, as condicións da escolarización tamén serían moito máis satisfactorias e este problema que hoxe está a acontecer no Porriño deixaría de selo. Deste xeito, a Xunta de Galicia dotaría coherentemente de servizos a unha vila que está a se converter nunha das impulsoras da natalidade galega.

 



Hoy: juancho cuenta con tu ayuda

juancho castaño necesita tu ayuda con esta petición «Xunta de Galicia: Un colexio público do século XXI e con todos os servizos para o centro do Porriño». Únete a juancho y 796 personas que ya han firmado.