SALVEMOS OS PENEDOS DE PASARELA E TRABA

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 5.000!


A Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, situada nos concellos coruñeses de Vimianzo e Laxe, enfróntase a unha nova ameaza. Se hai máis de 20 anos esta paraxe natural corría o risco de converterse nunha canteira, agora é a implantación dun parque eólico o que pon en perigo a integridade dos Penedos de Pasarela e Traba. Unha das máis importantes extensións graníticas de Galicia, inzada de formacións rochosas que presentan figuras antropomórficas e zoomórficas, "creadas pola arte dos dedos do tempo" foi declarada Paisaxe Protexida no ano 2008, sendo unha das dúas paisaxes protexidas de Galicia. Os Penedos de Pasarela puideron ser hoxe historia, e para sempre estará a ferida causada neles pola canteira, de non ser pola loita incansable de varios colectivos sociais que conseguiron a declaración da Xunta de Galicia como Paisaxe Protexida, impedindo a implantación da canteira.  Mais esta protección non debe ser suficiente cando se proxecta agora un parque eólico, que non só dana a paisaxe da contorna, senón que prevé a instalación dun aeroxerador ao pé da Cachucha, no mesmo corazón dos Penedos de Pasarela.

Urxe poñérmonos en marcha e loitar novamente para salvar os Penedos de Pasrela e Traba. Conseguimos daquela gañarlle á batalla á canteira e demostrar que os Penedos son moito máis que pedras. Agora toca loitar de novo:

#SalvemosOsPenedos