Readmisión dos traballadores do GES da Fonsagrada e reactivación do servizo

0 have signed. Let’s get to 1,000!


Actualmente,o plantel do GES de Fonsagrada continúa loitando nos tribunáis pola súa readmisión nos seus postos de traballo,a pesares de ver recoñecido pola Xustiza,en múltiples ocasións, a irregularidade dos seus despidos por parte do Concello de Fonsagrada.

Recentemente,un novo sinistro (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/a-fonsagrada/2018/03/13/incendio-calcina-casa-fonsagrada/00031520929313892878231.htm) volve por de manifesto a necesidade dun servicio de emerxencias profesional na zona,servicio que dende 2016 se nega a prestar o concello da Fonsagrada pese a estar 100% subvencionado pola Deputación de Lugo e Xunta de Galicia,por non querer recoñecer os dereitos de estabilidade laboral adquiridos polos traballadores do GES da Fonsagrada.

Esta nova incidencia súmase a unha lista que continúa aumentando por falta de vontade política,poñendo en perigo real ós veciños deste concello e dos concellos periféricos,cunhos tempos de resposta as emerxencias que superan a hora,e que supoñen deixar o descuberto as zonas dos medios movilizados.

Queremos solicitar por tanto,a readmisión do servizo e a reactivación do mesmo,ben como empregados do Concello ou de outra administración,e poñer fin así a este despropósito que supón unha desatención ós cidadáns e unha clara omisión de responsabilidade por parte das administracións competentes en materia de salvamento e extinción de incendios.