PON UN AVOGAD@ NA TÚA CURATELA. PON UN ABOGAD@ EN TU CURATELA

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 200!


As persoas con discapacidade que , a petición propia, solicitan unha modificación da capacidade na modalidade de curatela, non teñen dereito a ter un letrad@ de oficio, abogad@ do turno de oficio, de balde para que lle defenda.

Nos orzamentos de Asistencia Xurídica Gratuita non está contemplado a posibilidade de que a propia persoa con discapacidade que desexa solicitar unha curatela teña un técnico formado que lle defenda de balde.

Entendemos que non se están a cumprir as normas e leis dictadas no ámbito dos dereitos das persoas con discapacidade porque se obvia os seus desexos, neste caso  a persoa solicita unha curatela, un apoio para estar en igualdade co resto de persoas pero a Administración considera que non ten razón para ter un letrad@ e defendelo.

É certo que o Ministerio Fiscal defende sempre á persoa con discapacidade pero poder ser que os seus desexos sexan distintos á opinión da Fiscalía polo que entendemos que debe ter un letrad@ para defender os seus intereses e poder  expresar os seus desexos.

A defensa debe ser de balde, estar incluída nos orzamentos da asistencia xurídica gratuita para que a persoa poda defender o que os seus intereses que non teñen que coincidir cos intereses do Ministerio Fiscal.

Esta campaña é para solicitar no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia que se inclúan nos orzamentos da Consellería de Xustiza un letrad@ de balde para as persoas con discapacidade que soliciten unha curatela e desexan modificar parcialmente a súa capacidade para poder estar en igualdade co resto de persoas complementando a que teñen.

Queremos que as persoas con discapacidade podan expresar os seus desexos de forma independente e se éstos son o inicio dun procedemento xudicial no que o protagonista é él mesmo que podan ter dereito á defensa xurídica de balde.

A petición vai dirixida á Vicepresidencia  e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.

POLA DEFENSA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE



Hoy: in.xurga xuristas galeg@s pola inclusión cuenta con tu ayuda

in.xurga xuristas galeg@s pola inclusión xuristas inclusiv@s necesita tu ayuda con esta petición «xunta de galicia : PON UN AVOGAD@ NA TÚA CURATELA. PON UN ABOGAD@ EN TU CURATELA». Únete a in.xurga xuristas galeg@s pola inclusión y 104 personas que ya han firmado.