PARALIZA O PARQUE EÓLICO SANTUARIO (GUITIRIZ-XERMADE-VILALBA-AS PONTES)

PARALIZA O PARQUE EÓLICO SANTUARIO (GUITIRIZ-XERMADE-VILALBA-AS PONTES)

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 500!
Con 500 firmas, es más probable que esta petición aparezca entre las peticiones recomendadas
Plataforma Veciñal Guitiriz-Xermade Galicia ha iniciado esta petición dirigida a Xunta de Galicia y

¡¡¡FIRMA ESTA PETICIÓN PARA EVITAR A CONSTRUCCIÓN DO PARQUE EÓLICO SANTUARIO!!!

Que firmes e compartas esta petición axudará á sensibilización e difusión desta catástrofe.
Máis o único medio oficial para deter o proceso é o rexistro de alegacións formais:

¡¡¡PRESENTA A TÚA ALEGACIÓN CUBRINDO O MODELO AO QUE PODES ACCEDER CLICANDO NO SEGUINTE ENLACE: ALEGACIÓNS

Para facelo, só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquera Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro da Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso 

Calquera persoa, estea ou non empadroada nun concello dos afectados polo parque eólico, pode presentar alegacións. Esta pódese adaptar a túa situación persoal engadindo o que consideres oportuno. O fundamental é que ten que entrar cada unha por rexistro. UNHA PERSOA, UNHA ALEGACIÓN

INFORMACIÓN BREVE DO PROXECTO EÓLICO:

O proxecto do Parque Eólico Santuario supón 40 aeroxeradores que se queren instalar na Reserva da Bioesfera "Terras do Miño" e con afección directa a Rede Natura, quedando multitude de aldeas dentro do polígono industrial do Parque Eólico e sufrindo risco de contaminación de terras e manantiais. Todas as casas e terras que quedan dentro da poligonal sufrirían afección directa do Parque Eólico Santuario.

Se queres ver un resumo do impacto deste proxecto podes consultalo AQUÍ.

Se queres coñecer os documentos orixinais do proxecto podes consultalos AQUÍ.

GRAZAS POLO TEU APOIO!! É FUNDAMENTAL PARA TODAS AS FAMILIAS

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 500!
Con 500 firmas, es más probable que esta petición aparezca entre las peticiones recomendadas