Petición cerrada

NON AO TRAZADO DA VÍA ÁRTABRA NO TRAMO DA N VI - AP9.-A.6.

Esta petición ha conseguido 162 firmas


O 21 de xullo de 2004. escenifícase a necesidade ineludible de que o Plan Sectorial se desenvolva e execute según as súas determinacións. Nesta escena se encontran, entre outros,  o actual presidente da Xunta, e os alcaldes de Oleiros, Culleredo e Abegondo. Tamén estaban os que no seu momento eran alcaldes da Coruña, Arteixo e Cambre.

 

O 20 de Setembro de 2004, sendo Conselleiro de Politica Territorial o Sr. Feijoo e director o Sr. Agustin Hernández, publícase no DOGA, a resolución de 9 de setembro: “Pola que se fai publico o acordo do Consello da Xunta de Galicia pola que se aproba definitivamente o Plan Sectorial da rede viaria da Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada e Bergondo).”

 

O Plan Sectorial nace coa premisa de ser  algo máis que un Plan de Infraestruturas da rede viaria. Para isto define determinacións de Política de Intervención Territorial que comprometen aos documentos que o desenvolven.

 

Entre estas determinacións destacamos as seguintes:

 

·       POTENCIACIÓN DA ACTIVIDADE COMERCIAL:

“Mellora da accesibilidade intrazonal que actúa como elemento potenciador da actividade comercial.

 

·       MAIOR EQUILIBRIO TERRITORIAL E COHESIÓN SOCIAL.

“Dotación duns niveis mínimos de accesibilidade para as zonas rurais e urbanas máis desfavorecidas, de forma que se estableza un maior Equilibrio Territorial e Cohesión Sociais”.

 

·       LIBERALIZACION DE PEAXE.  

“Para potenciar a penetración polas vías de alta capacidade como a AP.9 ou a A.55  considérase necesaria a Liberalización da Peaxe nos tramos da área de estudio. Á súa vez a permeabilización da Autopista do Atlántico a través de novos enlaces dotaría dunha maior accesibilidade a zonas como o aeroporto de Alvedro ou á ria do Burgo. En concreto se plantexa realizar un enlace na Corbeira, na área de Servizo do Burgo, mellorar o enlace de A Barcala e Completar o enlace en Catro Camiños (libre de  peaxe).

 

No acordo de Aprobación Definitiva do Plan Sectorial,  posto que en Cambre non estaba definido o trazado, tómase a decisión de que sexa o  propio Concello o que redacte a proposta de trazado neste tramo.

 

Literalmente di: “1.4. Deixase en suspenso o trazado do treito da vía 13 conexión A9/A6/N-VI (Cambre Oleiros) comprendido entre a estrada AC-221 (acceso ao polígono de Cambre) e a A6. o Planeamento de  Cambre deberá incluir unha solución que una o polígono de Cambre coa A6, con características VR-80 entre o polígono e a AP-9  e, con características de C-80 e accesos controlados entre AP-9 e a A6.

 

 

 

 

 O 23 de Febrero de 2006.

 O Concello de Cambre cumpre coa obriga de aprobar un trazado axustado ao solicitado. Isto é, redactando un proxecto de acordo ás condicións mencionadas no anterior apartado. Polo tanto, o que tocaba é que a Consellería cumprise a súa parte, integrando a solución no Plan Sectorial.

 

 

            21 de Febrero de 2008.

A Xunta de Galicia, do Bipartito, aproba provisionalmente o proxecto de trazado, pendente no tramo de Cambre. O trazado é o mesmo que o aprobado polo Concello de Cambre, pero non se axusta, nin ao documento aprobado en pleno nin ao Plan Sectorial, nas seguintes cuestións:

A conexión coa AP-9, non completa o nudo de Catro Camiños con peaxe libre en todas as direccións.
Se incorpora unha pata de conexión coa AP.9, na posición do lugar de Armental, con área de peaxe.
O tramo entre a AP-9 e a A-6 defínese con características de VR-100 e non de C-80, tal e como estaba previsto.
Non se realiza o nudo previsto en Bribes.
 

 

      Ante a insistencia do Concello pola falta de xustificación do acordado, recíbese o 5 de agosto de 2008 un simple escrito do Subdirector (nin sequera do Director) de Planificación, respecto ao cambio de clasificación da vía dunha C-80 a unha AV-100. Curiosa forma de xustificarse, nunca un informe dun Subdirector puido modificar un acordo do Concello da Xunta, pero así foi.

 

            O 23 de Abril de 2009.

A Xunta de Galicia acorda a aprobación definitiva do proxecto de trazado, sen atender as alegacións e a pesares de que o documento non se axusta ás determinacións descritas e previstas no Plan Sectorial Viario. A excusa, naquel momento é que Fomento non permite a conexión libre de peaxe.

 

O 19 de Maio do 2009.

O Concello de Cambre, ante a falta de xustificación no rechazo das alegacións presentadas e a absoluta desconsideración ás mesmas, presenta un Recurso de Reposición, que a día de hoxe 13-02-2017, (oito anos despois) segue sen ser contestado.

 

            Posto que o Concello no recibía resposta ás súas razonables demandas, despois de traelas ao pleno polo menos nunha ocasión máis, aprobalas por todos os grupos e elevalas á Xunta, procédese coas seguintes actuacións:

 

 

Se eleva proposta ao Consorcio das Mariñas para que solicite información sobre este asunto. Trátase en pleno de 17 de abril de 2015.
Con data 22 de abril de 2015 o presidente do Consorcio D. Jose Antonio Santiso Miramontes, traslada o acordo do pleno a tres entidades, interesándose polo asunto: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras; Ministerio de Fomento e Audasa.
14 De maio do 2015.
Recíbese no Consorcio, escrito da Conselleira de Medio Ambiente. Neste traslada unha obviedade, ao decir que a vía Ártabra é libre de peaxe e que a conexión coa AP-9 depende do Ministerio de Fomento.

 

O día 24 de novembro de 2015.
O Concello de Cambre mantén unha entrevista coa Conselleira de Medio Ambiente, donde lle solicita información sobre os asuntos pendentes: conexión coa AP-9, en Catro Camiños (Pravio), libre de peaxe, e solución ao tramo de conexión coa A-6.  A respuesta é que non se vai a tratar a conexión solicitada.

 

En xaneiro de 2016. Se solicita reunión de todos os alcaldes do Consorcio das Mariñas, co presidente da Xunta de Galicia para tratar o asunto da Vía Ártabra.
 

Como resposta o día 18 de maio de 2016, os recibe a Conselleira.
Nesta entrevista se lle solicita que se estudie e valore a posibilidade de situar o enlace da vía Artabra e AP.9  en Catro Camiños co obxecto de comprobar a Non Viabilidade, por incumprimiento da normativa, alegada pola Consellería. Asimesmo se solicitaba que posteriormente se abrise un breve periodo de intercambio de información.

 

Como respuesta o 8 de febreiro de 2017.
A Consellería anuncia o acordo de someter a exposición pública o proxecto de construcción da Vía Ártabra tramo NVI - AP9, así como a relación de bens.

 

Os feitos non deixan dúbida sobre que a Consellería non atende nin vai a atender de antemán ningunha cuestión que se lle plantexe neste asunto, que está pechada en banda e que non vai a dispoñer cauces de entendemento.  Non escoitaron ao anterior alcalde nin ao actual nin ao conxunto dos alcaldes que constitúen o Consorcio. Non sendo isto o máis rexeitable senón que o faga sen xustificar a súa decisión de non estudiar a posibilidade ao Nudo en Catro Camiños libre de peaxe.

Ademáis das cuestións plantexadas sobre o proxecto de Trazado, o proxecto construtivo agudiza o problema ao modificar o eixe de traza, priorizando a conexión coa AP9 en contra da continuidade de traza da A.6.

 

Todas estas cuestións foron modificando as directrices que se aprobaron no Plan Sectorial Viario sendo Conselleiro o actual presidente da Xunta de Galicia, nin se atende á Potenciación Comercial, Nin ao equilibrio Territorial e a cohesión Social, Nin se liberaliza o peaxe en Catro Camiños.  Desvirtúase o eixe AP9-A6 e se menosprecian as solicitudes dun bo número de alcaldes da área. En definitiva, o proxectado vai en contra do avalado, no seu momento, polo hoxe Presidente da Xunta de Galicia.



Hoy: Unión x Cambre cuenta con tu ayuda

Unión x Cambre necesita tu ayuda con esta petición «Xunta de Galicia: NON AO TRAZADO DA VÍA ÁRTABRA NO TRAMO DA N VI - AP9.-A.6.». Únete a Unión x Cambre y 161 personas que ya han firmado.