HUMEDAL AMEAZADO POR INFRAESTRUCTURA DA XUNTA DE GALICIA

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 1.500!


A vía Artabra é un proxecto de comunicación da Área Metropolitana de A Coruña. Comezouse a construir desde Sada e Oleiros, e agora afróntase unha nova fase cruzando o municipio de Cambre. Pero por aquí, queren construir a vía por riba dun humidal, o “Humidal da Gándara”.

AS PERSOAS NECESITAMOS DESTES ESPAZOS PARA VIVIR.Os humedais son indispensables para a vida humana. Actúan como fontes de auga e purificadores, e protexen as costas. Un mundo sin humedais é un mundo sin auga.Tamén son ricos en biodiversidade. As especies de flora e fauna que se sepultarían, se se fai o trazado actual serían entre outras:

Caracol de quimper, amarelle trompeta, a rela, a saramaganta, a ra verde, ra vermella, o furapreseiras, o morcego de orellas de rato, a escribenta das canaveiras,  a garza pequena, a rapiña cincenta, … algunhas delas ameazadas e incluso e perigo de extinción.

Debemos conservar espazos tan importantes para a vida, espazos que tamén lles debemos aos nosos nenos e nenas, porque non podemos cementar o seu futuro.

Axudádeme a conseguir sinaturas para unha paralización deste proxecto ata que se realice un estudo riguroso do impacto ambiental.

Necesitamos PARAR isto. Andamos xustos de tempo para revertir o dano que lle facemos á natureza e que nos facemos a nós.



Hoy: Asociación Fraga do Rei cuenta con tu ayuda

Asociación Fraga do Rei necesita tu ayuda con esta petición «Xunta de Galicia: HUMEDAL AMEAZADO POR INFRAESTRUCTURA DA XUNTA DE GALICIA». Únete a Asociación Fraga do Rei y 1.285 personas que ya han firmado.