A exención prometida de Lingua Galega e Literatura

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 500!


O alumnado que ata agora estaba exento de realizar a proba de lingua e literatura galega nas probas de acceso á universidade  por non cursar esta asignatura en primeiro de bacharelato, ben por cursar estudos fóra da comunidade, ben por estar exento dela, terán que examinarse en xuño nas novas ABAU, algo que se lles comunica oficialmente cando apenas faltan dous meses para a celebración das probas.

Isto causa un grande perxuicio a este grupo de estudantes que teñen que examinarse dunha asignatura máis, da que durante todo o curso se consideraba que estaban exentos. Somos conscientes de que ao tratarse de Lingua e Literatura Galega é un tema que pode ferir sensibilidades, pero queremos deixar claro que a reclamación non ben polo feito de tratarse desta asignatura en concreto. É máis, entendemos perfectamente o sentido da norma e ata podemos compartilo, pero non podemos aceptar o tempo en forma na que se aplica, xa que con apenas dous meses para realizarse as probas se lles comunica que teñen que examinarse dunha asignatura da que ata o día 27 de marzo estaban exentos dela na selectividade.

Para non causar un prexuízo irreparable a estes estudantes e dado o pouco tempo que resta para a celebración das probas solicítase que, se introduza unha moratoria, polo menos nesta convocatoria de 2017, de xeito que os afectados non se lle aplique o artigo 3.3 da resolución conxunta do 21 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2016/17, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2017/18.DOG do luns 27 marzo e poidan seguir exentos da proba de Lingua e Literatura galega, se así o solicitan, tal e como se veu facendo en anos anteriores e dacordo coa información que se lle leva dando a estes estudantes durante todo o curso.

Firma para loitar contra a ilegalidade!



Hoy: Carmen cuenta con tu ayuda

Carmen Vázquez necesita tu ayuda con esta petición «Xunta de Galicia: Exención Lingua Galega e Literatura». Únete a Carmen y 231 personas que ya han firmado.