Cubrir a plaza por xubilación do médico de Rubiá

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 1.500!


Se non pelexamos polo noso ninguén nos dará a solución, de nada serve falar na rúa se non se actúa, polo que é hora de que cada un de nós aporte o seu grao de area.

Ante a certeza de que a Xunta de Galicia vainos deixar cun so médico se non nos mobilizamos, dende o colectivo cidadá de Rubiá coa colaboración da plataforma sanitaria de Valdeorras propoñémosvos que asinedes este documento para esixir que a xubilación do médico sexa cuberta.

Somos unha poboación rural e por tanto dispersa, con dificultade de comunicación e transporte para acceder ao sistema sanitario, cunha grande parte de nos maior de 60 anos, e que padecemos as enfermidade crónicas, e propias da idade avanzada, o que ocasiona que precisemos dunha atención sanitaria frecuente, e con incremento da atención domiciliaria, situación que apartará a un único facultativo do seu centro de saúde deixando a este descuberto boa parte do tempo.

Tendo isto en conta, esiximos da Xunta de Galicia que a baixa dun dos dous médicos que atendían no Centro de Saúde de Rubiá sexa cuberta, cun facultativo nas mesmas condicións nas que se viña desenvolvendo ao longo destes anos.

.



Hoy: Raquel cuenta con tu ayuda

Raquel Méndez necesita tu ayuda con esta petición «Xunta de Galicia: Cubrir a plaza por xubilación do médico de Rubiá». Únete a Raquel y 1.259 personas que ya han firmado.