#AcusaciónPopularXA no #CasoCarioca a maior trama proxeneta destapada no Estado

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 1.500!

Carmen González Magdaleno
Carmen González Magdaleno ha firmado esta petición

Perante un traballo da Fiscalía de Lugo que semella máis de defensa das autoridades imputadas que de defensa das vítimas, a Plataforma Cidadá contra a Impunidade do Caso Carioca, a maior trama de trata de mulleres con fins de explotación sexual destapada en todo o Estado español, inicia unha recollida de sinaturas e lanza os hashtags #AcusaciónPopularXA e #OPoboAcusaáCarioca, para esixir á Xunta de Galicia e ao Concello de Lugo que se persoen como acusación popular, dereito constitucional en caso de extrema violencia como o que supón a Carioca, neste caso contra decenas de mulleres en situación de extrema vulnerabilidade que denunciaron explotación e violencia sexual. Fronte ao evidente risco de que a operación se salde con impunidade, e co obxectivo de garantir o dereito das vítimas á reparación do dano sufrido, consolidouse esta Plataforma cidadá e se abre esta campaña.

A Fiscalía, que vén de deixar sen castigo a prostitución de dúas menores no club Liverpool, ten a intención agora de acusar só a unha pequena parte dos investigados nunha peza clave da operación onde están involucrados policías locais e nacionais. Deste xeito a maior operación contra a trata de todo o estado podería chegar a xuízo reducida á mínima expresión e sen a presenza da maioría dos axentes dos corpos de seguridade implicados. "No se puede negar que tomaba copas y hacía uso de los servicios sexuales", recoñecen as fiscais, pero "lo hacía como particular", defenden a continuación.

As exculpacións que está a empregar a Fiscalía de Lugo, recoñecendo os graves feitos que tiveron lugar nos clubes implicados na Carioca, están a resoar na prensa estatal e na cidade de Lugo, mais polo momento moitos dos presuntos delitos que se investigaron poden quedar impunes: abusos sexuais, prostitución coactiva e lucrativa, inducción á prostitución de menores de idade, tráfico de influencias, trata de seres humáns con fins de explotación sexual e con débeda, revelación de segredos, omisión do deber de perseguir delitos, concertación de matrimonios de conveniencia, malversación de caudais públicos, falsedade documental, detención ilegal ou delitos contra a Seguridade Social. Se a Fiscalía non fai nada, temos que facelo nós. #AcusaciónPopularXA #OPoboAcusaáCarioca