Por un Centro de Día, un Auditorio e un Parking Público no Solar de Peleteiro
Por un Centro de Día, un Auditorio e un Parking Público no Solar de Peleteiro
No Solar de Peleteiro temos a última oportunidade para darlle vida á Zona Nova compostelá.
A Zona Nova (O Ensanche) é a parte da cidade de Santiago de Compostela onde viven e traballan máis de 50.000 persoas diariamente pero na que non existe un Centro de Día público que atenda a crecente demanda deste servizo aos nosos maiores.
Dende o peche da Aula de Cultura da Carreira do Conde, tampouco existe un Auditorio-Sala de Concertos que atenda a demanda cultural da veciñanza da Zona Nova nin axude a dinamizar o pequeno comercio nin a hostalería desta parte da cidade.
Tampouco existe na Zona Nova un Parking Público que ofreza prezos asequibles para a cidadanía que vive ou visita a cidade. Todos os parkings desta parte da cidade son privados con concesións de moitos anos que hipotecan o noso futuro.
Por elo, esiximos do Concello e da Xunta de Galicia o seu compromiso para dotar destes servizos á cidade no antigo solar de Peleteiro.