Garantizar que nuestros hijos puedan estudiar en IES Elviña. NO a la DISPERSIÓN

Garantizar que nuestros hijos puedan estudiar en IES Elviña. NO a la DISPERSIÓN

504 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 1000!
Creada
Dirigida a
Xefatura Territorial da Consellería de Educación

Por qué es importante esta petición

 

Son a nai dunha alumna que cursa sexto de Primaria no CEIP Alborada pero falo para expoñer un problema que afecta á nenos/as que estudian neste Centro en sexto de Primaria e que comenzarán o vindeiro curso os seus estudos na Educación Secundaria Obrigatoria.

O noso centro educativo está adscrito ao Instituto de Elviña polo que estabamos tranquilos e convencidos de que dito Centro admitiría todas as solicitudes do CEIP Alborada para poder cursar 1º ESO, sendo este o de maior cercanía para todo o alumnado.

Hai uns días se nos informa de que o Instituto de Elviña ten adscrito catro Centros de Primaria e que, debido a iso, as solicitudes presentadas no proceso de preinscripción superan ampliamente as prazas ofertadas. Requírennos desde o IES Elviña a presentación dunha nova solicitude do 1 ao 21 de marzo na que se ponderarán determinados criterios e, en función da puntuación conseguida,obterán ou nonpraza nese centro. No caso de non ser admitidos no mesmo, se derivarán a outro IES da cidade.

Debido a isto queremos expoñer o seguinte:

-As persoas das que estamos a falar son menores de once ou doce anos, sen autonomía nin capacidade para moverse solos pola cidade en autobús urbano sen a compañía dun adulto. Tendo en conta isto, a Consellería tería que habilitar medios de transporte para efectuar os desprazamentos aos centros correspondentes asignados. Cando se pola contra, se asegurasen as plazas no instituto de referencia, neste caso IES Elviña, poderíase empregar o transporte escolar que xa opera dende o instituto Elviña e a zona Novo Mesoiro, así como no caso de aqueles nenos/as que viven próximos ao centro, poderían desprazarse a pe en grupos ou como xa o viñan facendo ata o de agora ao CEIP Alborada.

- Se isto ocorre, dispersaranse rapaces que pertencen a un mesmo barrio por distintas zonas da cidade, institutos sen transporte escolar, desorganizando así ás familias e obrigando a estes rapaces a ter que madrugar máis do necesario durante toda a etapa educativas para chegar a un Centro non escollido, por estar este máis lonxe que o que lles corresponde.

-Tamén se provocaría a separación de grupos de amizade, vínculos moi importantes en todos os momentos da nosa educación e máis aínda nestas idades. Esta separación pode ter consecuencias indesexables e impredecibles pois estaríamos a interferir de forma moi negativa no desenrolo social e emocional dos menores, sobre todo tendo en conta as idades temperás nas que se daría. No caso de todos os nenos/as, e de xeito especial na gran parte do alumnado do centro que non ten irmáns, os /as fillos/as únicos, os lazos afectivos que se crean co seu grupo de iguais son fundamentais para o seu benestar e xogan un papel fundamental na súa formación como adultos. Claramente interpretarán estas separacións como castigos totalmente inxustos.

-Hai moitos rapaces que teñen irmáns pequenos/as que, en vindeiros anos, pasarían ao instituto polo que podería darse o caso de que cursasen os seus estudos en dous centros diferentes, coas dificultades de organización e conciliación que isto levaría.

-Moitas familias escollemos o Centro Alborada pensando na futura escolarización neste IES de Elviña, pois os dous comparten edificio e certas instalacións, o que fai que, de maneira natural se entenda que este é o Centro axeitado para a continuidade de estudios favorecendo a transición de Primaria a Secundaria, atendendo a criterios pedagóxicos e educativos.

Polo que reclamamos que se nos garantice que os nosos fillos/as poderán cursar primeiro da ESO no Instituto que eliximos, que é o de Elviña, habilitándoo para que poida atender á demanda de zona que ten. Deste xeito se nos permitiría así conciliar o horario laboral co horario lectivo de forma similar a como o estabamos facendo ata o momento; axudando a que os rapaces poidan seguir reforzando vínculos xa creados e beneficiosos na súa evolución personal, aproveitando a posibilidade de que poidan ir camiñando ao Centro avanzando na súa autonomía, e facilitando con todo isto o tránsito dunha educación Primaria a unha Secundaria do xeito máis natural posible, atendendo tantoa criterios Educativos e de Conciliación Familiar.

Entendemos que este problema podería terse evitado se as previsións das adscripcións dos centros de Primaria aos de Secundaria estivesen elaborados tendo en conta as matrículas dos primeiros e a oferta de prazas dos segundos, polo que non queremos ser víctimas desta mala organización.

Coa firme convicción de que debemos cohesionar en lugar de dispersar e educar e formar atendendo a criterios educativos, pedagóxicos e socias pedimos nos axudes difundindo e asinando esta petición.

504 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 1000!