NON Á SUPRESIÓN dunha liña das 3 existentes no próximo curso de 5ª E​.​I.

NON Á SUPRESIÓN dunha liña das 3 existentes no próximo curso de 5ª E​.​I.

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 1000!
Con 1000 firmas, es más probable que esta petición aparezca entre las peticiones recomendadas

benjamin simes garcia ha iniciado esta petición dirigida a XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE DE A CORUÑA.

A pretensión da Inspección Educativa da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura,
Educación e Universidade da provincia de A Coruña é a de pechar unha aula de infatil das
tres existentes na actualidade en quinto de EI no CEIP Pedro Barrié de la Maza en Sada
(Cód. 150630).

Nestes momentos pandémicos, porque non podemos dicir aínda
postpandémicos, xa que o virus non desapareceu, os nosos nenos non son
inmunes, nin tampouco os profesores nin as súas familias, queremos resaltar a
importancia de manter unha liña 3 no noso centro escolar, centro que conta
con case 600 alumnos, a importancia que ten Educación Infantil tanto na
atención asistencial do alumnado como no crecemento da súa autonomía, así
como a atención educativa especifica do profesorado de apoio e dos propios
titores de aula, xa que é nestes nivéis onde se comenzan a detectar problemas
e necesidades observables no ambiente escolar. É nestas idades temperás nas
que é esencial comezar a traballar, e que estamos vendo que cada vez son máis
casos especificamente neste nivel.


Por este motivo, EXPOÑEMOS que:


• No curso que acaba de rematar comenzou con varios alumnos con NEAE e unha
praza de atención preferente con TEA.
• Ao longo do curso, apareceron máis casos de ACNEAE por estudiar, moitos deles
sen diagnosticar todavía.
• Para dar unha atención axeitada á diversidade do alumnado precísase seguir con
tres aulas, xa que con dúas de 25 alumnos é imposible unha atención educativa
axeitada que atenda as características singulares deste grupo.
• O equipo de EI do citado Centro xa enviou un escrito mostrando a súa
disconformidade coa medida dado que, segundo nos informaron nunha reunión
coas familias, neste curso foi moi complicado antender a todo o alumnado, incluso
na situación actual de 3 aulas.
• Distintas Entidades están amosando a súa solidaridade con esta xusta petición.


E por todo isto, SOLICITAMOS que:


Se manteñan as tres aulas de quinto de infantil no vindeiro curso no CEIP Pedro Barrié de
la Maza en Sada

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 1000!
Con 1000 firmas, es más probable que esta petición aparezca entre las peticiones recomendadas