NON AOS RECORTES EN EDUCACIÓN NO CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

NON AOS RECORTES EN EDUCACIÓN NO CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 1500!
Con 1500 firmas, es más probable que esta petición sea publicada en los medios de comunicación locales
Anpa Río Tines CEIP Outes ha iniciado esta petición dirigida a Xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Coruña

Pola defensa dunha Educación Pública e de Calidade e do futuro do Concello de Outes representado polos seus nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria, alumnado do CEIP Plurilingüe de Outes.
MANIFESTAMOS:
A nosa preocupación e rechazo pola supresión do persoal docente no centro, en especial polo profesorado de Educación Infantil, onde as aulas son moi numerosas, e existe alumnado con diversas necesidades, de autonomía e de adaptación.
E tamén polo profesorado do Departamento de Orientación, como a figura do Orientador e a mestra de Audición e Linguaxe, que son dúas figuras fundamentais no centro de cara a diagnose e apoio ao alumnado en idades temperás.
Ademais a supresión dunha coidadora no centro, concedida no mes de setembro de 2020 , carece totalmente de sentido un ano despois e co mesmo alumnado no centro.
A supresión de docentes tanto de Educación Primaria como de Educación Física está totalmente inxustificada, tendo en conta que o número de alumnado matriculado para o vindeiro curso é moi similar ó deste curso, soamente varía en 3 alumnos.

SOLICITAMOS:
Que se manteñan no CEIP Plurilingüe de Outes:
- As dúas persoas coidadoras
- A mestra de Audición e Linguaxe
- A mestra, xefa do Departamento de Orientación
- As 4 titoras de Educación Infantil e as 2 mestras de apoio de Educación Infantil
- As 2 mestras de Educación Primaria
- A mestra de Educación Física

Instando a Consellería de Educación, a non suprimir o profesorado do CEIP Plurilingüe de Outes, e manter o mesmo cadro de persoal docente que no curso 2020-2021.

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 1500!
Con 1500 firmas, es más probable que esta petición sea publicada en los medios de comunicación locales