NON Ó PARQUE EÓLICO O SOBREDO En Paravedra, A Rocha e o Couto (Arbo)

NON Ó PARQUE EÓLICO O SOBREDO En Paravedra, A Rocha e o Couto (Arbo)
Por qué es importante esta petición
Desacordo total coa planificación, estudo e implantación do PE O SOBREDO, situado no municipio de Arbo, Provincia de Pontevedra.
Os veciños non foron informados en forma, nen se lles deu o tempo necesario i establecido para poder alegar as súas discrepancias ó proxecto.
O parque eólico non cumpre coa normativa vixente imposta por as autoridades españolas i europeas en canto a que:
Afectan negativamente á saúde dos veciños por a proximidade do mesmo ós núcleos de poboación.
Prodúcese trastorno das sinerxias acumuladas cos parques lindantes sobre os campos electromagnéticos da liña de evacuación ó seu paso por núcleos habitados e sobre o ruído ocasionado ás vivendas máis achegadas.
As obras de instalación do PE e a proximidade dos aeroxeneradores ós manantiais, sacuden os recursos hídricos das traídas colindantes.
Impacta gravemente contra a paisaxe e o patrimonio arqueolóxico, cultural e inmaterial da contorna.
Altera a flora, a fauna e os espazos da Rede Natura nas proximidades do parque.
Merma o valor patrimonial dos montes privados contiguos ó PE.