Pedimos para Xesús Mato a Medalla Castelao

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 1.000!


Temos en Galicia un home especial que responde ao nome de Xesús Mato, que agora ten 85 anos e reside en Portomarín, no Camino a Compostela, dedicado a atender a familiares maiores, oficiar a Misa do Peregrino, e atender aos numerosos amigos que o consideramos un xigante da Igrexa, da Cultura e de Galicia.

Alguén do Orfeón Lucense tivo a idea, e o coro pediulle ao Concello de Paradela que solicitase esa Medalla, sendo aprobado por unanimidade.

Para arroupar esa petición, pedimos adhesións de xentes que coñecen, queren e admiran a Xesús Mato; adhesións que poden ser remitidas ao Concello de Paradela (concello.paradela@eidolocal.es), ou expresadas a través desta Web.

Para quen non saiba ao detalle a dedicación de Mato, velaquí un pequeño achegamento á súa traxectoria. Os moitísimos amigos do PADRE MATO quedámosvos moi agradecidos.

Quen é Xesús Mato?

Xesús Mato Mato, crego, musicólogo e escritor, naceu en 1932 en Paradela (Lugo).

Na súa primeira parroquia, Lalín, foi profesor de filosofía, música e relixión; fundou e dirixiu a Polifónica de Lalín, creou e dirixíu Radio Popular de Lalín, impulsando a construción de vivendas para xente humilde.

En Lugo foi redactor e asesor relixioso de Radio Popular, Director espiritual e asesor do Colexio Menor Feminino do Bispado, e Delegado de Medios de Comunicación da Diocese, ata que en 1983 elixiu servir media ducia de parroquias nas  montañas do Cebreiro durante un cuarto de seculo.

Creou e foi o primeiro Coordinador  de  Auxilia-Lugo para a promoción dos minusválidos. Fusionando dous coros xuvenís que dirixía fixo nacer Fuxan os Ventos (canción con letra e música de Mato), que chegou ao máis alto da música galega. Creou “Galicia canta ó Neno" que rescatou a canción e música tradicional do Nadal en Galicia e espallouna por todo o país. Dirixíu o Orfeón Lucense, coro da Catedral de Lugo.

Desde 1970 colabora en diversos medios, participa en tertulias e pronunciou centos de conferencias. Ten recollido milleiros de cantos populares galegos, efectuou  numerosos arreglos e transcricións musicais, escribiu letras e compuxo músicas como a canción “Mencer”.

Polo seu traballo e servizo aos demáis foi “Lucense do ano” (1991), Premio Moncho Valcarce (1998), Premio de Cultura Tradicional María Castaña ou Premio de Xornalismo  Belén de Begonte (2009).

O Concello de Paradela, por unanimidade, nomeuno Fillo Predilecto en 2005. En 2009, cen dos seus amigos dedicáronlle o libro-homenaxe “Mato sono ío…” (Eu son o tolo), conformando un conxunto de visións  que reflicten a medida humana e a dimensión xigante  de Xesús Mato.

 



Hoy: Concello de Paradela cuenta con tu ayuda

Concello de Paradela necesita tu ayuda con esta petición «Vicepresidencia da Xunta de Galicia: Pedimos para Xesús Mato a Medalla Castelao». Únete a Concello de Paradela y 717 personas que ya han firmado.