Trap-palleirAs da TVG

Trap-palleirAs da TVG

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 100!
Con 100 firmas, es más probable que esta petición aparezca entre las peticiones recomendadas
Gale Monguer ha iniciado esta petición dirigida a TVG

Estimados dirixentes da TVG: 

É necesaria unha televisión pública e de calidade, neutral e con carácter informativo.

Pero tamén hai que ir cós tempos.

Romper un pouquiño o molde.

E ensinar que a cultura. E fundamentalmente o idioma, se pode levar a todos os ámbitos. Incluído, o do entretemento. E porque non dicilo, quizá está sexa a mellor vía para transmitilo e desterrar vellos mitos.

Medrei coa TVG, con series coma Arale, tamén có Xabarín... Pero dende hai moitísimos anos, prácticamente non consumo a televisión pública galega. A franxa dos vinte moitos e trinta e poucos, non nos sentimos representados coa oferta actual. Necesítanse programas, un pouco irreverentes e non tan guionizados.

Hai programas a nivel nacional que funcionan, cun carácter desenfadado. Se existen garantías de éxito, por qué non arriscarse?

Tamén me parece reseñable, e boto en falta, unha visión máis feminina, no campo do entretemento. Resulta un pouco raro, sendo ademais Galicia, unha cultura de base matriarcal. Non darnos esa voz, e ese punto de encontro.

Porque non un programa irreverente formado por mulleres?

Non vos dades conta, do que pode influír un programa deste estilo na normalización do uso do galego. E na desestigmatización do mesmo. É ademais, é de lei, dar voz a máis da metade da poboación, como é a poboación feminina. Por iso, creo que deberíades considerar crear un formato deste tipo.

Non podo, senón imaxinarme un programa de televisión, cun marcado carácter radiofónico. A irreverencia como marca. Con Carla Scarpenti @galiguaxa, como presentadora (Non hai nada máis galego, que un cidadán do mundo que se namora desta terra e que se esforza por falar na lingua de Rosalía). E porque non, darlle un toque de chan, da xente, dándolle voz, a un deses talentos descubertos fora do mundo do audiovisual. Para iso temos de co-presentadora, a polifacética @merypazos, garantía de sosego, alegría e cun toque bandolero.

Carla e Mery, teñen o suficiente bo criterio, como para traer a convidados máis que interesantes. Que sen dúbida ofrecerán momentos para gardar nas hemerotecas.
E tamén son o suficiente boas persoas, para deixar entrar tamén a elementos coma Brais Doval.

Aquí o deixo. Nas vosas mans queda.

 

 

 

Pd: Non acepto menos dunha esquina escura no programa, cunha mesa e un pórtatil, para levar en condicións as redes do programa.

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 100!
Con 100 firmas, es más probable que esta petición aparezca entre las peticiones recomendadas