Defende a auga dos veciños de Traba

Defende a auga dos veciños de Traba

Creada
3 de marzo de 2021
Dirigida a
Todas as administracións involucradas
Firmas: 95Próximo objetivo: 100
Apoyar ahora

Por qué es importante esta petición

Iniciada por Outeiro Xema

Fai uns meses os veciños de Traba (Rianxo) tivemos coñecemento dun proxecto para a realización dunha captación de auga moi preto das nosas casas. O dito proxecto, que cando se intentou executar foi paralizado por carecer da licenza necesaria, preténdese executar no entorno de outras captacións existentes das que veciños de diferentes núcleos da parroquia levamos anos abastecéndonos. 

A captación que se pretende realizar afecta a terreos que son da Comunidade de Montes do Araño. Aínda que no seu día a inmensa maioría dos comunieiros e comuneiras rexeitaron o proxecto, os seus promotores desoíron a vontade da maioría e foron adiante con el. Tamén se posicionou en contra a Arzobispado de Santiago, polo perxuízo que a realización do proxecto lle podería causar a outros veciños da parroquia, entre eles nós, os veciños de Traba. Ademais, a obra que se pretende executar emprázase nunha zona dun altísimo valor patrimonial, a escasos metros do Hórreo do Araño e do Castro do Araño. 

Propuxéronselle multitude de alternativas aos promotores, mais non se quere buscar acordo ningún. Os veciños de Traba, usuarios dende fai décadas do Manancial do Outeiro da Xema. Estamos moi preocupados pois vemos que corremos o perigo de quedar sen a auga do manacial do que os nosos avós xa beberon.  

Apoyar ahora
Firmas: 95Próximo objetivo: 100
Apoyar ahora

Destinatarios de la petición

  • Todas as administracións involucradas