PRAZA DE PEDIATRÍA EN AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 100!


A día de hoxe o concello de As Pontes de García Rodríguez, cun censo de 1.079 nen@s de 0 a 15 anos (segundo o Instituto Galego de Estadística do ano 2016) non está dotado cunha praza de pediatría. O xeito en que o SERGAS considera que os nen@s de As Pontes están ben atendidos, baséase en enviar un pediatra os luns, mércores e venres, en horario de 9:00 a 13:00 horas. Dito pediatra non é sempre o mesmo, senón que temos ata 3 distintos. Esto implica que cada vez que o nen@ vai ao pediatra ten que contar a súa historia dende o principio ou ben o pediatra de turno teña que lerse todo o historial do paciente, deste xeito é imposible facer un seguemento axeitado da doenza.

Se un nen@ enferma ou hai unha urxencia fora dos días sinalados, haberá que desprazarse ata o servizo de urxencias pediátricas do hospital de Ferrol, xa de por sí saturado.

Segundo o plan de mellora de Atención Primaria de Galicia 2007-2011, presentado pola Xunta de Galicia, o obxectivo un cupo de 800 nen@s por pediatra. Segundo este dato en As Pontes deberiamos ter dous pediatras, e non hai nin un tódolos días.

Solicítase do SERGAS que asigne xa, polo menos, unha praza de pediatría para o Concello de As Pontes



Hoy: Maite cuenta con tu ayuda

Maite Méndez necesita tu ayuda con esta petición «SERVICIO : PRAZA DE PEDIATRÍA EN AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ». Únete a Maite y 82 personas que ya han firmado.