Transporte d@s profesionais de A. Primaria na asistencia domiciliaria en xornada ordinaria

Transporte d@s profesionais de A. Primaria na asistencia domiciliaria en xornada ordinaria

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 1000!
Con 1000 firmas, es más probable que esta petición aparezca entre las peticiones recomendadas
PROSAGAP Área Pontevedra ha iniciado esta petición dirigida a Servicio Galego de Saúde (SERGAS)

TRANSPORTE DAS/OS PROFESIONAIS DE ATENCIÓN PRIMARIA NA ASISTENCIA DOMICILIARIA EN XORNADA ORDINARIA.

É indiscutible que as/os profesionais sanitarias/os, son a base do sistema que asegura a atención sanitaria á poboación e con este fin, durante a pandemia, fíxose evidente a necesidade de adaptar os recursos humanos e asistenciais de atención primaria ás necesidades para axilizar dita atención.

Deste xeito, para garantir que as/os profesionais de Atención Primaria poideran prestar unha atención domiciliaria máis áxil, durante a última etapa do Plan de reactivación asistencial en atención primaria, o Servizo Galego de Saúde ofreceulles temporalmente a posibilidade de desprazarse nun vehículo de transporte con condutor.

Co remate do estado de emerxencia sanitaria, o SERGAS non ten pensado continuar con este servizo, polo que as/os profesionais de Atención Primaria solicitan que se manteña o mesmo, co fin de seguir prestando unha atención domiciliaria máis áxil, tal e como se recoñece e se recolle no Plan de reactivación asistencial de Atención Primaria.

Con esta petición trátase de evitar que os desprazamentos a domicilio supoñan unha situación que interfira no normal funcionamento da consulta diaria e asimesmo evitar na medida do posible situacións estresantes como:

- a localización dos domicilios.
- a dificultade para o aparcarmento
- a posibilidade de padecer un accidente.

Non esquezamos que os tempos estipulados na axenda das/os profesionais para os domicilios, son tempos moi axustados, nos que non se contempla a posibilidade de producirse algún dos anteriores contratempos.

Ademais a ningún profesional se lle esixe a necesidade de ter vehículo ou mesmo estar en posesión do carné de conducir para o desempeño da súa profesión.

A maiores do anteriormente exposto, ningún accidente producido no discorrer do traslado ao domicilio no propio vehículo é asumido como gasto polo SERGAS.

Por todo isto consideramos que é o SERGAS quen debe por a disposición de forma permanente un vehículo de transporte con ou sen condutor para os desprazamentos das/os profesionais na súa xornada ordinaria aos domicilios das/os usuarias/os dentro do ámbito da Atención Primaria, do mesmo xeito que se fai na Hospitalización a Domicilio.

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 1000!
Con 1000 firmas, es más probable que esta petición aparezca entre las peticiones recomendadas