Decision Maker Response

Bloque Nacionalista Galego - BNG’s response

Nov 20, 2017 — Ola a todas e todos...

O 22 de abril de 2015 aprobouse por unanimidade na Comisión de Sanidade do Parlamento Galego iniciar as medidas para abordar enfermidade da endometriose, unha doenza que afecta a miles de mulleres galegas.

Lamentabelmente, meses máis tarde, en novembro dese mesmo ano, o BNG denunciaba no Parlamento Galego o incumprimento dese acordo parlamentario e esixía o seu cumprimento por parte do SERGAS.

http://www.bng.gal/articulo/novas/montse-prado-sanidade-incumpre-acordo-parlamentario-endometriose/20151112133025012677.html

Posteriormente, en xaneiro de 2016, volvemos a insistir e lamentamos que para o PP a dor das mulleres non sexa unha prioridade.

http://www.bng.gal/articulo/novas/bng-esixe-ao-goberno-cumpra-acordo-parlamentario-prevencion-da-endometriose/20160121134815012761.html

Con todo, non deixaremos que esta doenza caia no esquecemento e seguiremos insistindo o cumprimento do acordo parlamentario de 2015.

Moita grazas.