NO RURAL EÓLICOS NON

NO RURAL EÓLICOS NON
Os veciños de Guitiriz e Xermade queremos achegar a nosa preocupación e denuncia a toda a sociedade. Despois de enterármonos hai uns días pola publicación nos Diarios Oficiais do proxecto de implantación Parque Eólico Santuario de 180 MW a menos de 500 metros das nosas casas queremos deixar constancia da falta de información sobre o proxecto aos afectados polo mesmo e das múltiples consecuencias negativas de levalo adiante:
1. Os afectados non teñen información nin coñecemento exacto do proxecto. Ademais, hogano, hai unha gran fenda dixital nas nosas zonas e isto dificultou aínda máis o acceso á información.
2. Un dos anexos do proxecto preséntase redactado en lingua inglesa, o cal é causa de nulidade.
4. O plan eólico de Galicia en vigor resulta obsoleto xa que non ten en conta a actual situación socioeconómica dos concellos afectados.
5. Este parque non está contemplado no plan eólico de Galicia.
6. O estudo de impacto ambiental non aporta datos suficientes.
7. Con este proxecto hai un PERXUIZO IRREPARABLE PARA AS EXPLOTACIÓNS AGRO-GANDEIRAS DA ÁREA DE AFECCIÓN.
8. O beneficio deste proxecto é fundamentalmente empresarial, non social nin ambiental. Non fomenta o desenvolvemento socioeconómico das poboacións próximas. O negocio é lucrativo para empresas enerxéticas de capital privado.
9. Desde o punto de vista urbanístico o proxecto eólico Santuario é incompatible.
10. Impacto desproporcionado sobre o territorio e sobre a saúde (aumento do risco de incendios, contaminación electromagnética, ruídos, risco de danos aos acuíferos durante a instalación, devaluación no mercado dos terreos etc.)
11. Perxuízos para os nosos Hábitats Naturais e da Fauna e Flora silvestre e para a zona Rede Natura 2000.
12. Impacto sobre os nosos recursos hídricos, perxuízos para o chan e repercusións sobre o noso patrimonio cultural.
Temos un pdf onde podedes consultar esta información polo miúdo. Alén disto, estamos a recoller sinaturas para tentar que este proxecto non saia cara adiante polos múltiples perxuízos e escasos beneficios que conleva.