Salvemos os magnolios da Igrexa de Aro, Negreira

Salvemos os magnolios da Igrexa de Aro, Negreira

138 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 200!
Con 200 firmas, es más probable que esta petición aparezca entre las peticiones recomendadas
Son Terra ha iniciado esta petición

Hai pouco o alcalde de Negreira decidiu que era boa idea talar os magnolios que adornan o paseo que leva á Igrexa de Aro, no Concello de Negreira. O motivo parece ser que é que levantan o cemento que os rodea. Se é máis importante para quen goberna o cemento que as árbores propoñemos quitar o cemento para permitir que as árbores medren sen ter que dar gastos de mantemento urbano, xa que na situación que están pódese facer zona verde no chan. Para máis, estamos en época de cría das aves e é bastante probable que se vexan afectadas por esta mala decisión que esperemos non se leve a cabo. Pedimos que non se talen os magnolios conservando e coidando o patrimonio medio ambiental de Negreira a ademais dando unha imaxe máis san e agradable ao patrimonio arquitectónico como é a Igrexa de Aro.

Grupo de traballo medio ambiental da Asociación Cultural Son Terra

138 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 200!
Con 200 firmas, es más probable que esta petición aparezca entre las peticiones recomendadas