Petition Closed
Petitioning Empresas y Alcaldes que permitieron este proyecto

Salvemos al monte O Galiñeiro de ser convertido en un parque eólico.

Chic@s o Galiñeiro é un dos poucos ecosistemas que están danados, pero que ainda se conservan máis ou menos.... Adiviñade que quere facer o goberno!! Por expreso desexo das EMPRESAS e NON da XENTE que disfruta da pouca natureza que nos queda en Vigo...... ¡¡¡Van a construír un PARQUE EÓLICO que vai exterminar toda a biodiversidade!!!! NON o permitamos!!! a caso queremos que o que da traballo agora, nos dé fame no futuro? NINGUEN coñecerá este lugar endexamais a non ser que fagamos algo polo ben de todos!!! é o noso momento, tomemos as esporas da nosa liberdade de decidir e conservar o pouco que nos queda para que outros tamén o poidan vivir!!!!!! Non importa se sodes do lugar que sexades, imaxinade a destrucción causada para un pequeno beneficio económico!!!! O que espero é que ainda queden 100 000 persoas que pensen neste mundo fóra as frivolidades e poñan conciencia no que é decisivo para nós; se non hai tantos, simplemente intentémolo pola pouca esperanza que nos quede... Mobilizarse ou ben coa axuda das FIRMAS, é o único método que nos queda para reivindicar os lugares de interese natural e de esparcemento ante os políticos e o interese unicamente económico. ¿Sacrificaríamos a natureza, a cuna da humanidade por unha enerxía ''renovable'' que ainda non está desenvolvida? ¿tirariamos á basura a natureza por unha enerxía que pronto quedará obsoleta? Eu desde logo non, prefiro vivir na idade de pedra se fose preciso, non máis destrucción, deixemos vivir os pulmóns do mundo!!
Letter to
Empresas y Alcaldes que permitieron este proyecto
Gustaríame remitir ao problema da construcción dun parque eólico no monte Galiñeiro, na área metropolitana de Vigo, Pontevedra.
En primeiro lugar cabe destacar o grande descontento da poboación ante este feito en toda a bisbarra deste pequeno espazo natural de lecer que, malia estar bastante desprotexido da perda da súa integridade como ecosistema, ainda non chegou a ser danado por completo.

Numerosas asociacións e movementos estudiantís entre outros, están intentando evitar a que parece irrevocable situación, por outra parte evitable e razón desta carta.

Queremos propoñer a anulación da construcción de dito parque nese lugar por varias razóns:

1) A importancia na comarca que ten este lugar para o SENDEIRISMO, ESCALADA, HÍPICA, e outras actividades alternativas ao ambiente urbano, asi coma lugar de esparcemento nos seus merendeiros.


2) A falta de desenvolvemento tanto para o RENDEMENTO ECONÓMICO,ENERXÉTICO,DE AUMENTO DE EMPREGO, e o IMPACTO AMBIENTAL SOBREDIMENSIONADO con respectoá producción enerxética:
a)Impacto biolóxico sobre o ECOSISTEMA, que resultaría no descenso da biodiversidade que alí se atopa.
b) impacto XEOLÓXICO E ESTÉTICO, xa que é este un dos montes máis altos da zona e un xacemento de rochas antigas e radioactivas (atenuadas) procedente das colisións intercontinentais que formaron a Oroxenia Hercínica.
c) impacto sobre a reducción de actividades de lecer. Incluindo a caza, antes non mencionada, e o impacto secundario sobre servizos terciarios coma os restaurantes da zona.


3) a posibilidade de que novas formas de enerxía sexan descubertas a curto prazo no futuro e que este parque eólico quede coma un residuo inservible de estruturas obsoletas; é dicir, a destrucción en vano deste lugar.



Esperamos que a petición non sexa ignorada xa que é de vital importancia para a xente da comarca que, se ben sacrificando a posibilidade de manter unha explotación enerxética alén da de granito, está decidida a tentar parar este proxecto destrutor.
Moitas grazas.
Esperando a súa resposta.Atentamente:
Grupo de estudantes descontentos.
Portavoz, Brais Gonzalo Guerra.