Petición cerrada

Salvemos a casa de Díaz Castro

Esta petición ha conseguido 829 firmas


Salvemos a casa de Díaz Castro!

Este é un chamamento da Asociación Cultural Xermolos ás institucións competentes para iniciar de xeito urxente as obras necesarias que conduzan á conservación e restauración da casa natal do poeta Díaz Castro, que na actualidade se atopa en grave perigo de derrubamento.

Esta vivenda situada na aldea do Vilariño, en Gutiriz, constitúe un notable exemplo de arquitectura labrega, polo cal mistura o valor patrimonial co simbolismo de ser o lugar onde se atopa a xenealoxía emocional de Nimbos.

Colabora coa túa sinatura para que a beleza que feriu ao noso poeta non desapareza para sempre. Porque Díaz Castro merece que non só se conserve a súa poesía senón todas as cousas que amou.

Un paso adiante, e outro máis, Galiza!



Hoy: María cuenta con tu ayuda

María Reimóndez necesita tu ayuda con esta petición «Salvemos a casa de Díaz Castro». Únete a María y 828 personas que ya han firmado.