RECUPERACIÓN DE SERVICIOS RENFE (FEVE) FERROL-ORTIGUEIRA E FERROL-RIBADEO

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 1.000!


CHAMAMENTO A TODOS OS MEDIOS INFORMATIVOS, COLECTIVOS E ADMINISTRACIÓNS
Como xa vimos informando dende a finalización do estado de alarma, Renfe decidiu reducir os servizos Ferrol-Ribadeo-Ferrol nun 75% así como as cercanías Ferrol-Ortigueira; todo isto sin ESTABLECER UNHA DATA DE RECUPERACIÓN, fiando todo a un suposto “aumento da ocupación”, esa da que Renfe precisamente nin quere recoñecer, nin ten medios para coñecer.
Ante a urxente necesidade de contar con servizo nos horarios básicos de transporte; posto que nas nosas comarcas NON EXISTE ALTERNATIVA DE TRANSPORTE PÚBLICO, sumado agora ao inminente inicio lectivo na Secundaria e Universidade, fannos ver unha vez máis o desmedido interese de Renfe e das administracións responsables, por destruir definitivamente o Noso Tren.
Non alcanzamos a entender cal é o motivo de non manter os horarios máis básicos e usados durante todo este tempo, e ver como se mantiveron en todo o estado de alarma ata agora horarios por sí mesmos, ailladamente, inservibles para a ciudadanía.
Por todo o anterior, a xa dunha maneira máis que desesperada, dada a urxente necesidade de transporte da mocidade das nosas comarcas,

SOLICITAMOS QUE CON CARÁCTER URXENTE SE RESTABLEZAN CANDO MENOS AS SEGUINTES FRECUENCIAS:


PROXIMIDADES:
-ORTIGUEIRA-FERROL 6:35
-FERROL-ORTIGUIEIRA 20:05


MEDIA DISTANCIA:
-RIBADEO-FERROL 6:55
-OVIEDO-FERROL  14:30
-RIBADEO-FERROL 15:00
-FERROL-RIBADEO 10:45
-FERROL-OVIEDO 15:30
-FERROL-RIBADEO 19:05


Facebook: facebook.com/defendeotrenferrolribadeo