Dirigida a Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia y 1 otro/a

Recuperemos o topónimo Maceda de Trives (*Manzaneda) como forma oficial

0

0 personas han firmado. Ayuda a conseguir 1.000.

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, dispón no seu artigo 10 que "os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega". Porén, o concello de Maceda de Trives continúa sendo denominado de forma oficial *Manzaneda, co nome españolizado. O monte (e a estación de esquí que alberga) levan o nome de *Cabeza de Manzaneda en lugar de Cabeza Grande de Trives. A parroquia de San Martiño de Maceda tamén é, oficialmente, *San Martiño de Manzaneda. Segundo o Decreto 132/1984, do 6 de setembro, que regula o procedemento para a fixación ou recuperación da toponimia, correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia e á Consellaría da Presidencia a fixación dos topónimos (e aos concellos no caso das vías urbanas). O artigo 3 estabelece que "nos dous casos previstos neste artigo será preceptivo o dictame da Comisión de Toponimia". A oficialidade da forma *Manzaneda non só pon de manifesto un grande desprezo pola historia da Galiza e da súa lingua, senón que presupón a aquiescencia de todas as galegas e galegos. Diríase que se pretende ignorar @s falantes do idioma. É totalmente incomprensíbel como tantos anos despois da aprobación da lei aínda estean vixentes como oficiais os topónimos españolizados deste concello ourensán. Esixamos aos nosos organismos oficiais que cumpran as leis que eles mesmos aproban. Restauremos os topónimos auténticos. Trinta anos de espera son máis que suficientes. (Ao asinares a petición a seguinte carta é enviada directamente e ao momento á Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia):
Esta petición será entregada a:

    Jesus Moinhos Pardavila ha iniciado esta petición con solamente una firma y ahora la petición ha conseguido 594 personas que la apoyan. Inicia una petición tu mismo para crear los cambios que quieres ver.




    Hoy: Jesus cuenta con tu ayuda

    Jesus Moinhos Pardavila necesita tu ayuda con esta petición «Recuperemos o topónimo Maceda de Trives (*Manzaneda) como forma oficial». Únete a Jesus y 593 personas que ya han firmado.