Dirigida a Abel Caballero

Manifesto por un Vigo comprometido coa cooperación internacional

Considerando que…

O benestar e o desenvolvemento dos pobos están interrelacionados, os esforzos no ámbito local teñen repercusión a escala global, e viceversa e, por este motivo, os gobernos locais teñen unha obriga ética ineludible de contribuír á construción dun mundo máis xusto e responder de forma conxunta ás causas e consecuencias globais e domésticas da pobreza, as desigualdades e a insostibilidade ambiental.

A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible (aprobada por Nacións Unidas) define un novo e ambicioso marco de compromisos para erradicar a pobreza, reducir as desigualdades e promover un desenvolvemento sustentable en todo o mundo e comprome a todos os países e gobernos rexionais e locais.

A cooperación ao desenvolvemento é unha política pública fundamental para loitar contra a pobreza e as desigualdades que traballa en prol dos dereitos humanos e a dignidade das persoas a través da promoción dun desenvolvemento humano sostible que esixe o esforzo coordinado de todos os niveis de goberno.

Denunciamos que…

Neste momento, a cidade de Vigo, a máis grande de Galicia e a 14ª de España, é unha das cidades que menos destina a Axuda Oficial ao Desenvolvemento (só un 0,01% do orzamento municipal -0,10€ por habitante- no 2016), por debaixo doutras con menos posibilidades económicas.

Nos dous últimos anos, o Concello de Vigo deixou sen executar os fondos destinados a proxectos de cooperación internacional no exterior por 118.000 € (53.000 de 2015 e 65.000 de 2016) e en 2017 segue polo mesmo camiño con 45.000 € sen plan de gasto.

 Apostamos por…

Un goberno municipal de Vigo que xogue un papel fundamental na promoción do desenvolvemento humano sustentable facendo realidade a premisa de “actuar localmente e pensar globalmente”. 

Unha cooperación ao desenvolvemento local como unha política municipal fundamental para conseguir unha cidadanía crítica, activa e solidaria na cidade de Vigo a través da promoción da transformación social e o fin das inxustizas sociais.

E, polo tanto, demandamos:

  • Que se execute o 100% do orzamento municipal aprobado para Cooperación internacional.
  • Que se aprobe unha convocatoria pública de subvencións para proxectos de cooperación internacional como o instrumento máis axeitado para executar ese orzamento.
  • Que se valore o traballo do Consello Municipal de Cooperación atendendo as peticións e recomendacións deste órgano consultivo.
  • E que, seguindo a recomendación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que preside o alcalde de Vigo,  se incremente significativamente o esforzo en cooperación internacional co obxectivo de ir achegándose ao 0,7% do orzamento.

Asinan: Amigos da Terra, Cáritas Diocesana Tui-Vigo, Coordinadora Galega de ONGD, Comité Oscar Romero Vigo, Entreculturas Fe y Alegría, Fundación Balms para la Infancia, Oxfam Intermón, Parroquia Cristo de la Victoria Vigo, PROCLADE, Semilla para el cambio, Solidariedade Internacional Galicia, SOS Racismo Galicia e Taller de Solidaridad.

Esta petición será entregada a:

    Rede Social Galicia Sur ha iniciado esta petición con solamente una firma y ahora la petición ha conseguido 462 personas que la apoyan. Inicia una petición tu mismo para crear los cambios que quieres ver.




    Hoy: Rede Social cuenta con tu ayuda

    Rede Social Galicia Sur necesita tu ayuda con esta petición «Recuperemos a cooperación internacional en Vigo!». Únete a Rede Social y 461 personas que ya han firmado.